O obxectivo da addenda é dar continuidade ao convenio firmado para a execución de obras en vieiros municipais das diferentes parroquias. Así, nos vindeiros meses levaranse a cabo reformas en Cabral (Fontiñas de Abaixo e Camiño Regueira), Lavadores (Subida a Sello), Coruxo (Estrada Fragoselo), Comesaña (Camiño Rial), Matamá (Camiño Ribas) y Beade (Seixo).
A través do acordo, Concello e Deputación xa acometeron desde 2016 obras de substitución de firmes en Sárdoma (Miraflores), Castrelos (Camiño Viloura), Candeán (Camiño Monte Vixiador), Teis (Avenida Dona Fermina), Alcabre (Camiño Forte e Camiño Cruceiro) e Coruxo (Camiño Viño), Matamá (Roupeiro e Beirán), Zamáns (Estrada Marcosende), Bembrive (Arieiro), Bouzas (rúa Covadonga e rúa Eduardo Cabello), O Castro (Arines, Couto, Marqúes de Alcedo) e Praza América (Pastora).