O equipo, en coordinación co albergue sae á rúa tres veces ao día para comprobar como está a xente que non queren durmir no albergue. Conta cun técnico de inserción e un educador social que lles ofrecen bebidas quentes, levan mantas, sacos de durmir e información sobre a dispoñibilidade de espazo e camas no albergue.
O dispositivo municipal actúa en comunicación tamén coa Policía Local, que coñece a situación destas persoas e, se é preciso, trasládanos ao albergue. No caso de que estea completo, lévanos ou infórmanos da dispoñibilidade do albergue ou do centro dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres. A maiores, se se dera a situación de que fose preciso, facilítaselles outro lugar para durmir, custeado polo Concello.
No albergue ofrécese tamén servizo de comedor e hai una sala habilitada para que os usuarios poidan pasar alí a tarde e o día.