Os interesados poden solicitar a súa cita previa a través do 010 ou da web municipal para optar ao programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, enerxía e alimentación, unha convocatoria dotada de 1.640.000 euros, que se complementan con outros 842.000 euros para atender situacións de emerxencia ao longo do ano.
Desde o pasado martes é posible pedir a cita previa e desde luns -unha vez publicada este venres a convocatoria no Boletín- o Concello atenderá e recibirá as solicitudes ata o 8 de maio. Segundo transmitiu o alcalde, o Concello ten capacidade para atender a unhas 150 persoas cada día.