• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    UVigo e CRTVG crean Sinxelo, un espazo informativo pioneiro

    Achegará vídeos diarios en formato de ‘lectura sinxela’ a colectivos con necesidades especiais. As investigadoras Lourdes Lorenzo e Sonsoles Facal colaboran co ente público
    Redacción por Redacción
    16 de Feb, 2022
    en Local
    0
    UVigo e CRTVG crean Sinxelo, un espazo informativo pioneiro

    Os contidos que ofrecen os medios de comunicación non son, en moitas ocasións, plenamente accesibles para as persoas que teñen algunha dificultade de comprensión. Para evitar esta eiva, a CRTVG acaba de poñer en marcha unha iniciativa que, da man da Universidade de Vigo, achegará información accesible a este tipo de colectivos. Trátase do proxecto Sinxelo, un espazo informativo que permitirá que os servizos informativos da TVG emitan diariamente vídeos accesibles na súa web e redes sociais en formato de ‘lectura sinxela’ para persoas con discapacidade ou con necesidades especiais.

    Nesta iniciativa están implicadas Lourdes Lorenzo, directora do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo e experta en tradución audiovisual e Sonsoles Facal, estudante de doutoramento e impulsora da tradución de libros infantís a ‘lectura sinxela’. Ambas, xunto co xornalista Carlos F. Amado, responsable do proxecto por parte da TVG, foron as encargadas de dar a coñecer esta iniciativa innovadora e única en España este mércores no programa A Revista da canle autonómica.

    Segundo explicaron, esta proposta baséase en aplicar os criterios da ‘lectura sinxela’, un método que emprega pautas e recomendacións á redacción de textos, ao ritmo das imaxes ou ao deseño e maquetación de documentos, sempre coa finalidade de  facer accesible a información ás persoas con dificultades de comprensión. Trátase, detalla Lorenzo, “dunha adaptación do texto a todos os niveis: léxico, estrutural, estilístico, pragmático… O adaptador debe partir do léxico máis común na lingua e das estruturas máis sinxelas, fuxindo de oracións longas e de subordinadas; tamén debe evitar as metáforas, a retranca, os dobres sentidos”. Ademais, débese ter en conta a contextualización da mensaxe e explicar no texto os termos difíciles de comprender. A finalidade é, como recalca Carlos Amado, “facer accesible a información a todos os públicos”. Neste sentido, Sonsoles Facal engade que, “cando falamos de accesibilidade, xeralmente pensamos nas ramplas de acceso aos edificios, pero a linguaxe tamén é unha estrutura e, como tal, podemos deseñar nela tampas de acceso”. 

    Primeiro medio audiovisual en España en aplicar ‘lectura sinxela’

    Coa posta en marcha de Sinxelo, a CRTVG convértese no primeiro medio audiovisual en España que aplica este nivel de comunicación con este formato aos seus contidos. Os vídeos serán realizados polos Servizos Informativos da TVG en colaboración co Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, que se encargará de verificar, validar e intervir tamén na adaptación dos contidos e formatos para cumprir cos estándares da ‘lectura sinxela’.  A difusión dos vídeos será a través da web G24.gal e as canles dixitais YouTube, Instagran, TikTok e Facebook.

    Os parámetros dentro dos que se move o proxecto están tamén marcados pola asociación Inclusion Europe, apoiada pola Unión Europea e levarán o logo Easy-to-read. 

    O dereito á accesibilidade universal

    Esta nova proposta comprenderá inicialmente vídeos de información estatal, autonómica e local, de feito o primeiro, que se emite hoxe mesmo, céntrase no naufraxio do Villa de Pitanxo. Pero, como explica Lourdes Lorenzo, “o ideal sería adaptar tamén reportaxes e produtos de ocio para chegar a todos, para conseguir o que chamamos accesibilidade universal, que é un dereito protexido tanto pola Declaración dos Dereitos das Persoas con Discapacidade como pola propia Constitución”. 

    Recalca a docente que a accesibilidade é esencial para persoas con discapacidade cognitiva, pero tamén para persoas con escasas habilidades lingüísticas, por exemplo, porque acaben de chegar a un país con outra lingua ou para algunhas persoas maiores. Para todos estes colectivos, a existencia de material adaptado a ‘lectura sinxela’ supón “poder comunicarse e entender”. Neste sentido, a docente fai referencia a “textos necesarios para a vida”, como contratos de traballo, convocatorias de axudas, información bancaria ou sanitaria pero, por outra, tamén destaca a importancia de facer accesible os produtos culturais. De feito, engade, “unha persoa con problemas de comprensión lectora non pode ler directamente a Shakespeare ou a Cervantes, pero pode lelos a través de textos adaptados”. 

    Trátase, en definitiva, de “facilitar o acceso á información, á educación e á cultura, o que supón, así mesmo, facilitar a participación da persoa na sociedade de xeito que poida coñecer o mundo no que vive, formarse as súas propias opinións e tomar decisións con criterio propio”. 

    A accesibilidade

    Na Facultade de Filoloxía e Tradución a accesibilidade é unha liña de investigación que abordan moitos grupos. No caso de Lorenzo, leva dende 2002, xunto coa profesora Ana Pereira, traballando neste eido, inicialmente na subtitulación para persoas xordas, un eido no que “estaba todo por facer, había poucos programas e produtos audiovisuais subtitulados para este público e o que había deixaba moito que desexar en canto a calidade”. Os seus traballos ampliáronse deseguida á audiodescrición para persoas cegas e, máis recentemente, á ‘lectura sinxela’ para persoas con dificultades de comprensión, liña na que traballa con Sonsoles Facal, que está realizando a súa tese de doutoramento neste eido.

    Lorenzo forma parte do grupo de Literatura Infantil e a súa tradución, coordinado pola catedrática Veljka Ruzicka, no que tamén abordan a accesibilidade para que estes materiais cheguen a nenos e mozos que teñan algún tipo de discapacidade (visual, auditiva, cognitiva…). Máis aló do seu grupo, Lorenzo pon en valor o traballo realizado polas profesoras Concha Báez, Maruxa Cabeza e Ana Fernández Soneira no estudo da lingua de signos, que as converte en “pioneiras e referentes na nosa universidade”. Tamén destaca as achegas de GALMA, o Observatorio Galego para a Accesibilidade nos Medios, “todo un equipo multidisciplinar que presta atención á accesibilidade audiovisual”. Ademais, Lourdes Lorenzo agradece o “apoio continuado” de Maribel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, “que sempre creu neste proxecto e na accesibilidade como materia pendente que non debemos descoidar”.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR