O proxecto recolle unha superficie edificable de 56.000 metros cadrados, reservando un 30% do aproveitamento do solo urbano non consolidado a vivenda de protección oficial e un 10% quedará nas mans Concello como solo dotacional. Se destinarán ademais 5.000 metros cadrados para espazos libres e zonas verdes, 300 prazas de aparcamento e un novo miradoiro sobre a ría de Vigo.
Ademais, segundo informou este martes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, toda a contorna vai a ser reformada, tanto nas comunicacións rodadas como peonís. “Imos continuar a rúa Torrecedeira cara Poboadores, melloraremos a rúa Llorente e Santa Marta, cun novo acceso peonil desde A Ribeira do Berbés ata o Paseo de Alfonso”. Ademais, garántese a conservación das casas de pescadores e das fachadas catalogadas.
A tramitación da modificación, que levará entre 12 e 18 meses, xa está en marcha e sometida a trámite ambiental. Concretamente, está no período de alegacións aberto pola Consellería de Medio Ambiente.
Caballero salientou que esta é “unha gran noticia” porque se recuperará o substancial da ordenación establecida do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do ano 2014, que adaptaba ao PXOM de 2008.