«O Goberno de Vigo quere sinalar que, unha vez máis, a Xunta actúa contra Vigo. O Goberno autonómico sabe que o ente supramunicipal está ben constituído e que xa está funcionando pero Feijóo está iracundo e rabioso contra Vigo e a súa
Área Metropolitana», apunta o Concello nun comunicado emitido este xoves tras coñecerse a presentación do recurso por parte da Xunta.
A polémica asamblea constitutiva do pasado 1 de decembro segue a ser o cabalo de batalla entre administración local e autonómica. Naquela sesión os alcaldes do PP abandonaron a sala ao entender que o Concello de Vigo non cumplía a súa parte e non firmaba a entrada no Plan de Transporte. O presidenta da Mesa de Idade, o rexedor de Salvaterra, Arturo Grandal (PP), declarou suspendida a asamblea, pero o secretario dixo non haber causa para tal e continuou a sesión, xa sen os representantes do PP, co nombramento de Abel Caballero como presidente da Área Metropolitana.
Agora, a Xunta presenta o recurso «en ejercicio de la facultad que la legislación de régimen local reconoce a la Administración autonómica de impugnar los actos de las entidades locales que afecten a sus competencias y considere contrarios al ordenamiento jurídico».
A resposta de Vigo non se fixo esperar. «Esta decisión amosa, outra vez, que a Xunta está á contra de Vigo e a furia de Feijóo ataca sempre á cidade porque esta cidade non o quere e non lle votou», sinala o Concello nun comunicado.
Engade tamén que «dende o Goberno de Vigo queremos recordarlle que a constitución da Área Metropolitana o pasado 1 de decembro foi feita por un alcalde do PP presidindo a mesa de idade e foron tres os alcaldes do PP que ratificaron a constitución da mesma».
«Unha vez máis, Feijóo sitúase contra Vigo, querendo que pague o que ten que pagar a Xunta, querendo que Vigo o pague todo pero eses tempos acabáronse. O viguismo de Feijóo rematou o día despois das eleccións», remata a nota.