• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 11 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    Unha investigadora do CIM desenvolve ferramentas xenéticas para optimizar os stocks de pescada e bacallau

    A tese de María Fernández céntrase nestas dúas especies potencialmente importantes para acuicultura. O seu cultivo e comercialización contribuiría a protexelas da sobre-pesca
    Redacción por Redacción
    14 de Feb, 2022
    en Local
    0
    Unha investigadora do CIM desenvolve ferramentas xenéticas para optimizar os stocks de pescada e bacallau

    María Fernández Míguez. / Foto: DUVI

    A procura de novas de especies cultivables é imprescindible para o desenvolvemento da acuicultura en Galicia, pero tamén é unha ferramenta para protexer determinados tipos de peixes que están sometidos a unha situación de sobre-pesca. Entre as alternativas para esta diversificación da acuicultura están a pescada ou o bacallau, especies que se atopan en diferentes niveis de desenvolvemento e nas que centrou a súa tese de doutoramento a investigadora do grupo ReXenMar do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo María Fernández Míguez. 

    A tese, dirixida polo profesor Pablo Presa (ReXenMar) e a investigadora Montse Pérez, do grupo AquaCOV do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), ten como obxectivo o desenvolvemento e aplicación de ferramentas xenéticas como estratexia metodolóxica para potenciar a optimización de stocks destas dúas especies pesqueiras. Para iso, centrouse na secuenciación xénica e a filoxenética molecular, a análise da expresión xénica e o desenvolvemento de marcadores EST, respectivamente para resolver situacións de incerteza filoxenética, a selección de proxenitores en cultivo e a caracterización de stocks pesqueiros.

    Novas especies, novos desafíos

    A diversificación das especies cultivables en acuicultura implica desafíos durante etapas temperás da vida, como a baixa supervivencia ou as malformacións, moitos deles debidos ao descoñecemento do manexo desas novas especies. No caso do bacallau atlántico (Gadus morhua), explica María Fernández Míguez, “o seu ciclo reprodutivo está pechado e existen varias empresas que teñen programas de produción de adultos e ovos para a súa comercialización, como a norueguesa Nofima a través do Cod breeding program, financiado polo ministerio noruegués. No que atinxe á pescada (Merluccius merluccius), “a redución da sustentabilidade das pesqueiras tras décadas de sobre-explotación e o impacto sanitario e comercial da infestación de Anisakis, fixo atractivo iniciar a domesticación desta especie”. A primeira posta espontánea en catividade logrouse en 2009 nas instalacións do IEO en Vigo, onde se mantiveron dous stocks de reprodutores ata 2016. Unha actividade de desova constante fixo posible a descrición do desenvolvemento embrionario da especie (Sánchez et al., 2012) e o desenvolvemento de dietas específicas para alimentación larvaria (Nande et al., 2017).

    Na súa tese, Fernández Míguez propúxose desenvolver e aplicar ferramentas xenéticas como estratexia para optimizar os stocks de ambas especies. Así, respecto da pescada, a súa finalidade é coñecer mellor a súa xenética e reducir a súa sobre-explotación. Para iso centrouse na análise filoxenética, é dicir, do parentesco xenético, de todas as especies descritas de pescada, así como a aclaración da presencia de especies sinónimas ou morfotipos, é dicir, as variantes morfolóxicas da mesma especie. Outro dos obxectivos foi analizar o impacto da sobre-explotación pesqueira no tamaño poboacional da pescada europea para evitar a perda de adaptación ao cambio no ambiente, por exemplo, á subida de temperatura polo cambio climático, usando mostras dos rexistros históricos pesqueiros do Instituto Oceanográfico de Vigo (1975-2014). A súa investigación tamén abordou a análise da orixe das diferencias entre as poboacións atlántica e mediterránea de pescada europea con marcadores xenéticos, ao tempo que se centrou en ampliar o coñecemento sobre a influencia dos factores maternais na calidade do ovo en bacallau atlántico na empresa Nofima na cidade norueguesa de Tromsø e no Instituto Oceanográfico de Vigo. A investigadora explica que os avances no cultivo desta especie, próxima á pescada, permiten coñecer os factores que fan que un ovo sexa de “boa calidade” e, polo tanto, a súa supervivencia sexa alta durante o cultivo.

    As dúas especies aínda mostran altas mortalidades nas etapas primarias facendo que o custe sexa maior que o beneficio. Por iso varios grupos de investigación están centrados na mellora da calidade do ovo e a supervivencia das larvas así como a selección dos reprodutores que dean mellores postas. 

    Conclusións

    Sobre as conclusións da súa investigación, Fernández Míguez detalla que no que se refire ao avance filoxenético no xénero Merluccius, “as árbores filoxenéticas obtidas indican que Merluccius angustimanus (norte do golfo de California) puido resultar da hibridación entre M. productus e M. gayi hai uns 0,25 millóns de anos. Tamén indicaron que os cinco morfotipos raros do Pacífico Sur terían unha orixe híbrida entre M. australis e M. gayi. Polo tanto, non se pode definir ou reivindicar ningunha nova pesqueira baseándose soamente en morfotipos raros.

    No que se refire aos escenarios estruturais nas pesqueiras europeas de pescada, empregáronse diferentes tipos de marcadores xenéticos orientados a diferentes obxectivos, é dicir, marcadores direccionais para identificar patróns remanentes de selección e episodios de deriva extrema, marcadores equilibrados para determinar a novidade evolutiva actual e o potencial adaptativo para a sustentabilidade da pesca, e marcadores neutros para analizar a dinámica demográfica de relevancia xenética para a xestión pesqueira.

    No capítulo centrado no tamaño xenético efectivo da poboación sur da pescada, a investigadora explica que “o stock sur está formado por un só acervo xenético que foi erosionado cun máximo de sobre-explotación en 1991-1995. O comezo da recuperación do stock despois de 2005 probablemente foi reforzado polas políticas pesqueiras da UE, mais tamén pola migración entre caladoiros que xa fora descuberta por esta equipa de investigación en 2011. Non obstante, non se espera que esa recuperación sexa completa despois de episodios de sobre-pesca sostida. A valoración baseada unicamente en modelos demográficos subestima seriamente a erosión xenética que opera sobre o potencial reprodutivo do stock. A incorporación de diferentes fontes de datos e controis xenéticos daría lugar a unha avaliación biolóxica máis realista e pode permitir avaliar os riscos de extinción por factores xenéticos.

    Finalmente, no que respecta á expresión xenética temperá e calidade dos ovos de bacallau atlántico, Fernández Míguez constatou que existe unha expresión diferencial entre as etapas do desenvolvemento do bacallau atlántico, sendo esencial a transición da transcrición materna á zigótica. Tamén se observou a variación na expresión dos xenes durante a época de desova (prodúcese durante primavera e poden obterse varias postas que varían na súa calidade). Polo que hai que ter en conta o período de posta para reducir os custos de produción escollendo os períodos de maior calidade. Este estudo suxire que o coñecemento da base molecular da calidade dos ovos é unha liña de investigación aplicada de máxima relevancia para o sector acuícola.

    Aplicacións

    Estes resultados axudarán a avanzar en diferentes eidos. Así, o coñecemento das especies existentes de pescada e a presencia de morfotipos pode ser empregado en relación co fraude comercial, é dicir, na venda de especies próximas, así como o axuste da lexislación de pesca de cada especie. En segundo lugar, o coñecemento da composición dos stocks de pescada permite protexer a especie da sobre-pesca, axustando as cotas tendo en conta a recuperación da especie baseándonos nos datos históricos rexistrados no Instituto Oceanográfico de Vigo. Por outro lado, o coñecemento dos factores que están afectando a calidade dos ovos de bacallau e pescada, abre as portas para conseguir un cultivo que fose máis eficiente e así reducir os custos do mesmo.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo aprueba su OPE 2025 con 72 nuevas plazas de personal docente e investigador y 12 de gestión
    Local

    La UVigo aprueba su OPE 2025 con 72 nuevas plazas de personal docente e investigador y 12 de gestión

    10 de Oct, 2025
    Se ponen en marcha sesiones de acompañamiento psicológico a estudiantes de la UVigo dentro de un plan piloto
    Local

    Se ponen en marcha sesiones de acompañamiento psicológico a estudiantes de la UVigo dentro de un plan piloto

    09 de Oct, 2025
    Sanidade y UVigo prorrogan su convenio para potenciar la investigación a través del Instituto Galicia Sur
    Local

    Sanidade y UVigo prorrogan su convenio para potenciar la investigación a través del Instituto Galicia Sur

    07 de Oct, 2025
    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’
    Local

    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’

    06 de Oct, 2025
    Galicia logra avances favorables frente a los incendios: cuatro estabilizados
    Local

    La Universidade de Vigo participa en un proyecto pionero para la detección satelital de incendios

    02 de Oct, 2025
    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre  comunidades energéticas rurales
    Local

    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre comunidades energéticas rurales

    01 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    por María Alonso
    08 de Oct, 2025
    0

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    por Redacción
    09 de Oct, 2025
    0

    Un emblemático edificio de Vigo (con proyecto bloqueado), reconvertido en plató de Netflix

    Un emblemático edificio de Vigo (con proyecto bloqueado), reconvertido en plató de Netflix

    por Redacción
    07 de Oct, 2025
    0

    Se inicia en Vigo la primera obra de 35 viviendas públicas con técnicas industrializadas

    Se inicia en Vigo la primera obra de 35 viviendas públicas con técnicas industrializadas

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Falta de mantenimiento en la Praza da Independencia
    Más Vigo

    Falta de mantenimiento en la Praza da Independencia

    Este es el aspecto que presentan las jardineras de la Praza da Independencia, de Vigo. El proyecto inicial de la...

    por Julio Alonso
    10 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada
    Libros

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada

    O relato Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é o gañador da duodécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado...

    por Redacción
    08 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Enésimo retraso en el tren Vigo-Coruña: los pasajeros, al límite de la paciencia
    Opinión

    Los vigueses y la España vacía y vaciada

    En la prensa de mediados de junio de este año nuestro máximo mandatario vigués alardeaba de la supresión de paradas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR