• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 18 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Un partido inspirado en C. Tangana gaña unhas eleccións ficticias na Universidade de Vigo

    El Publicista foi a formación máis votada das catro creadas polo alumnado de Ciencias Sociais e da Comunicación para esta actividade
    Redacción por Redacción
    13 de May, 2022
    en Local
    0
    Un partido inspirado en C. Tangana gaña unhas eleccións ficticias na Universidade de Vigo

    As e os integrantes da formación gañadora. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Cunha estética inspirada no disco ‘El Madrileño’ de C. Tangana e coa posta en valor do talento do alumnado como eixo de campaña, a formación El Publicista converteuse neste 2022 na gañadora das eleccións ás que cada curso concorren catro partidos creados polo alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

    Inserido nas actividades da materia ‘Técnicas de comunicación electoral e institucional’, do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, a iniciativa que desde hai máis dunha década promove o profesor Xosé Rúas ten como obxectivo que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos sobre estratexias de campaña e comunicación política nunha contenda electoral que decide unha parte da nota final da materia.

    Tras dúas semanas de campaña, este xoves tivo lugar unha votación, aberta a todo o alumnado e persoal da facultade coa excepción do estudantado da materia, na que participaron un total de 173 persoas. Con 79 votos, El Publicista proclamouse gañador destes comicios, nos que a formación Patrones rematou segunda, con 79, mentres que os partidos Pasión de Facultades e Polítiko obtiveron 21 e 17 apoios, respectivamente.

    “Foi toda unha aprendizaxe, tanto a nivel académico como persoal”, recoñece Óscar Domínguez, candidato do partido gañador, dunha “actividade moi intensa”, da que destaca o “gratificante” de ver como “tras suores e nervios, todo o esforzo daba os seus froitos”.

    Iniciada o 2 de maio coa pegada de carteis, a campaña comprendeu iniciativas como un debate entre candidatos, con bloques temáticos pactados previamente e tempos taxados, xunto coas diferentes iniciativas que cada partido ía desenvolvendo nos postos que instalaron na planta baixa do centro e que foron desde o reparto de comida á organización de xogos ou sorteos. “Foi unha campaña moi correcta, sen ruído”, salienta Rúas dunha iniciativa “que todos os anos crea grande expectación entre o alumnado e que lles permite gozar aprendendo cun xogo de rol”.

    Da posta en valor do talento á promoción da cooperación

    Tomando como fonte de inspiración a estética de ‘El Madrileño’, o partido gañador destas eleccións centrou a súa campaña no “recoñecemento do traballo e do talento” do alumnado de Publicidade e RRPP, como explica Domínguez. De aí que, entre as actividades que levaron a cabo nestes días figurasen iniciativas como “promocionar perfís de alumnos que levasen a cabo un proxecto artístico que quixesen mostrar o mundo ou escoller pemes locais como patrocinadores, para apoiar e visibilizar o seu traballo”.

    “Centramos a nosa campaña en dar solucións a problemas reais”, sinala Alejandro Fernández, candidato de Patrones, partido que tiña como obxectivo contribuír á “mellora da comunicación interna entre decanato, profesorado e alumnado”. Con esa idea, levaron a cabo iniciativas como xogos de preguntas sobre a facultade ou unha “busca do tesouro” que cada día dedicaban a un profesor, escondendo no centro un “obxecto identificativo” dese docente e outorgando un premio a quen atopase.

    Cunha estética inspirada na serie ‘Pasión de Gavilanes’ e coa “unión e a cooperación” como eixo de campaña, Pasión de Facultades levou a cabo diferentes iniciativas dirixidas a fomentar a convivencia no centro, como explica a súa candidata, Clara Medina. Entre elas, un coloquio con alumnas que participaron no programa Erasmus+, dirixida a “facilitar a información necesaria a todos aqueles que están interesados no tema” ou a realización dun cuestionario que permitiu pór en contacto aos estudantes “máis afíns”. 

    Por último, coa “lei do mínimo esforzo” como lema, o partido Polítiko tiña como idea central “velar pola saúde tanto física como mental do alumnado”, como explica o seu candidato, Diego Sáenz. De aí que tratasen de converter o seu posto, coa colocación un sofá, nun espazo “onde relaxarse e sentirse cómodos”, ao que sumaron iniciativas como xogos ou o reparto de agasallos como unha matrícula nunha autoescola.

    A experiencia do traballo en equipo

    “O mellor que nos levamos é o orgullo de ter feito un bo traballo en equipo”, recoñece Óscar Domínguez dunha campaña que Alejandro Fernández define como “un xogo de rol que axuda tamén a fomentar a cooperación entre os membros do partido”.

    Ao mesmo tempo, como engade Clara Medina, esta actividade permitiulles “aplicar todos os coñecementos adquiridos durante estes anos de carreira” nunha “experiencia real”, que ademais se desenvolveu “nun ambiente de cooperación entre todos os alumnos”; idea na que tamén insiste Diego Sáenz, que destaca que “a actividade conseguiu que nos coñecésemos entre todos un pouco mellor”, á vez que recoñece como o máis positivo dunha iniciativa que resultou tamén “esgotadora”, o feito de “ter traballado cóbado con cóbado cos meus compañeiros”.

    Tags: C. TanganaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    O Centro de Linguas da UVigo abre o prazo de matrícula para os cursos de verán
    Local

    O Centro de Linguas da UVigo abre o prazo de matrícula para os cursos de verán

    18 de May, 2022
    Quincena gratuíta nas actividades deportivas dos tres campus da Uvigo
    Local

    Quincena gratuíta nas actividades deportivas dos tres campus da Uvigo

    16 de May, 2022
    A UVigo homenaxea a Manolo Ramos nun emotivo acto
    Local

    A UVigo homenaxea a Manolo Ramos nun emotivo acto

    12 de May, 2022
    Hallan restos de un asentamiento poblacional romano en la isla de Ons
    Arqueología

    Hallan restos de un asentamiento poblacional romano en la isla de Ons

    11 de May, 2022
    Crean en la UVigo la Cátedra Unesco para una educación transformadora
    Local

    Crean en la UVigo la Cátedra Unesco para una educación transformadora

    11 de May, 2022
    Alfonso Lago asumirá a Vicerreitoría de Profesorado tras o falecemento de Manuel Ramos
    Local

    Alfonso Lago asumirá a Vicerreitoría de Profesorado tras o falecemento de Manuel Ramos

    10 de May, 2022

    Más Vistos

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    La espectacularidad de Vialia

    La espectacularidad de Vialia

    por Julio Alonso
    16 de May, 2022
    0

    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos
    Local

    La jornada de sol y bochorno, con temperaturas que rondaron los 30 grados, acabó con una gran tormenta en el...

    Leer mas

    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»
    Local

    Vestidos con monos blancos y con sus manos alzadas, vecinos de San Miguel de Oia y miembros de colectivos ecologistas...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1890

      O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas

    • O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR