• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Un estudo do CIM desvela as claves da alta produtividade das rías galegas

    A causa podería ser a rápida resposta do crecemento do fitoplancto aos pulsos do vento
    Redacción por Redacción
    06 de Mar, 2023
    en Local
    0
    Un estudo do CIM desvela as claves da alta produtividade das rías galegas

    Á dereita, Esperanza Broullón durante a campaña con Bieito Fernández Castro, co-autor do artigo. / Foto. UVigo

    As rías galegas constitúen un exemplo de baías de afloramento, polo que son un dos lugares máis produtivos do planeta, caracterizadas por unha elevada produción pesqueira e marisqueira. A pesar de que tanto as baías como as augas da plataforma continental fertilízanse pola entrada de nutrientes asociada ao afloramento costeiro, non están claros os factores responsables da extraordinaria produtividade das baías. 

    Para achegar algo de luz neste eido, un equipo de investigadores do Grupo de Oceanografía Biolóxica (GOB) do Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo, xunto con científicos da University of California San Diego, a University of Southampton e o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) propuxéronse desvelar as claves do crecemento do fitoplancto -pequenas algas microscópicas que son a base das cadeas tróficas mariñas- nas rías galegas. 

    O estudo levouse a cabo durante unha campaña oceanográfica realizada nas rías de Pontevedra e Vigo entre os meses de xuño e xullo de 2018 no marco do proxecto Remedios. Os resultados obtidos amosan que “a rápida resposta do crecemento do fitoplancto aos pulsos do vento no interior das rías podería explicar a súa elevada produtividade”. As conclusións recóllense nun artigo que acaba de ser publicado pola revista Limnology and Oceanography Letters. A autora principal do estudo é Esperanza Broullón (a investigación forma parte da súa tese de doutoramento), e xunto con ela asinan o artigo os investigadores do CIM Antonio Fuentes Lema, María Pérez Lorenzo, Emilio Fernández e Beatriz Mouriño, coordinadora do proxecto e directora da tese doutoral. Alén da UVigo, tamén participaron no estudo Miguel Gil, do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC); Peter Franks, da University of California San Diego e Bieito Fernández Castro, da University of Southampton.

    O papel do vento

    O estudo describe como os cambios a curto prazo no forzamento do vento xogan un papel clave na elevada produtividade biolóxica das rías. Así, a topografía local canaliza os ventos ao longo das rías, empurrando a auga superficial cara a fóra e provocando que a auga profunda rica en nutrientes ascenda rapidamente cara a superficie dentro das rías. Esta circulación responde á variabilidade do vento en 6 horas, tres veces máis rápido que nas augas da plataforma. Neste contexto, explica Esperanza Broullón “curiosamente o crecemento do fitoplancto nas rías tamén ocorre a escalas temporais similares. Sincronicamente co afloramento de augas ricas en nutrientes, o fitoplancto exponse á luz solar e responde rapidamente absorbendo os nutrientes, o que dá como resultado un aumento na súa biomasa e produción ”.

    Deste xeito, “a harmonía entre as escalas temporais dos afloramento impulsado polo vento e o crecemento do fitoplancto podería explicar a maior produtividade das rías galegas, e doutras baías de afloramento con morfoloxías e orientacións similares”, sinala Beatriz Mouriño. O equipo científico destaca que este coñecemento servirá non só para beneficiar ás pesqueiras locais e mellorar a produtividade, senón que tamén será de utilidade na detección temperá e o seguimento da proliferación de algas nocivas. Ademais, explica Esperanza Broullón “estes resultados revelan que as predicións sobre a evolución dos ecosistemas costeiros de afloramento en escenarios de cambio global deberían ter en conta non só as tendencias na intensidade media do vento, senón tamén os cambios nos patróns de variabilidade do vento a curto prazo”.

    Proxecto Remedios

    Os traballos leváronse a cabo durante tres semanas a bordo do buque oceanográfico Ramón Margalef no marco do proxecto multidisciplinar Remedios, no que científicos da Universidade de Vigo, o Centro Oceanográfico de Vigo, o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Intecmar, Ifremer, a Universidade de Southampton e a University of California San Diego analizaron os factores que condicionan a riqueza das rías galegas, responsables do 95% da produción nacional de mexillón e do 50% da produción europea.

    O equipo internacional, liderado pola investigadora do CIM Beatriz Mouriño, desenvolveu varios estudos e liñas de traballo para analizar os factores que desencadean o crecemento do fitoplancto e a importancia que ten a mestura das diferentes capas que forman os océanos. No marco deste proxecto tamén obtiveron datos que permitiron determinar que a bioturbulencia que xeran os peixes axuda na mestura e na distribución de nutrientes nas augas costeiras.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas
    Local

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas

    10 de Feb, 2026
    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España
    Local

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España

    10 de Feb, 2026
    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR