• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 23 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Un cruceiro de pedra para Lavadores

    A subida á igrexa viguesa de San Paio de Lavadores en Vigo conta dende hoxe cunha nova referencia gracias á instalación dun cruceiro de pedra elaborado pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra
    Redacción por Redacción
    07 de Abr, 2021
    en Local
    0
    Un cruceiro de pedra para Lavadores
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A subida á igrexa viguesa de San Paio de Lavadores en Vigo conta dende hoxe cunha nova referencia gracias á instalación dun cruceiro de pedra elaborado pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. A peza está culminada cunha imaxe moderna dun Cristo, pero inclúe tamén no fuste unha representación do santo Paio (ou Pelayo). A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde, Abel Caballero, asistiron hoxe á estrea, en compañía do párroco, Plácido Vázquez, e un grupo de veciñas e veciños da parroquia. O cruceiro, cunha altura de cinco metros, é unha “elaboración coral” do alumnado e profesorado do centro de formación da Deputación e quedou instalado á altura do número 170 da rúa Cabalaria, a pouco máis de 50 metros do templo, un edificio relixioso que data dos anos 70 e que agora ve así embelecida a súa contorna.

    Carmela Silva lembrou que tanto Galicia como a provincia de Pontevedra e Vigo son “terra de cruceiros e de canteiros e canteiras. Somos un pobo que traballa moi ben a pedra de forma secular, de feito o noso alumnado traballou por todo o mundo”. A presidenta provincial puxo en valor o papel da Escola de Cantería, un centro “do que sentimos orgullo”, e deixou claro que a Deputación quere que “continúe habendo obra deses canteiros e canteiras e que siga quedando en cada un dos recunchos da nosa provincia, moi particularmente en Vigo onde estamos a facer moitas obras a través da Escola”. Carmela Silva resaltou a ledicia que supón inaugurar un cruceiro e atoparse rodeada de veciñas e veciños e a “ilusión por facer cousas que satisfagan á veciñanza” á que agradeceu a súa presenza no acto.

    Pola súa banda, Abel Caballero definiu aos cruceiros como “lugares de encontro, lugares para identificar os territorios, os espazos e as persoas”. Ademais, deixou claro que son “unha parte importante da antropoloxía, da forma de entendernos e transitar por todos os lugares de Galicia, e neste caso de Vigo”. O alcalde de Vigo deixou claro que con esta inauguración “vanse a marcar os tempos a partir de agora” posto que se falará da igrexa pero tamén do cruceiro. Aproveitou a ocasión para felicitar tanto á Deputación como ás persoas autoras da obra por realizar unha “combinación fantástica” entre a arte modernista e o románico tradicional. Na súa intervención Abel Caballero tamén resaltou o tamaño do cruceiro “unha escultura monumental pero chea de sentimentos e de sensacións”.

    O párroco de San Paio contou como hai tres anos un veciño da parroquia considerou importante contar cun cruceiro nos arredores a igrexa e acudiron á Deputación de Pontevedra, da que resaltou unha “resposta inmediata”. Plácido Vázquez lembrou como dende aquel momento as e os membros da Escola de Cantería puxeron “as súas ideas, experiencia e coñecemento para plasmalo neste fermoso cruceiro modernista”. Puxo en valor que Vigo “é unha cidade fermosa que vai medrando polos barrios e hoxe as bonitas vistas que temos sobre a ría e a cidade acrecéntanse con esta marabillosa obra da Deputación”.

    O cruceiro ten un peso que supera as catro toneladas e foi elaborado expresamente para este emprazamento, cunha base formada por dúas pezas en cuña para adaptarse ao terreo. Trátase do primeiro cruceiro na contorna desta igrexa nunha zona na que tamén hai varios petos de ánimas, obra do escultor Camilo Nogueira e datados a principios do século XX.

    Un centro referente

    A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra forma no traballo da pedra e estimula a vocación artística. Gran parte dos antigos alumnos e alumnas desta escola son hoxe profesionais de prestixio que traballan tanto na creación de obra como en restauración histórico-artística. Boa proba son os traballos desenvolvidos na restauración de monumentos como a Sagrada Familia de Barcelona, a catedral de Santiago, a de Westminster en Londres ou o Capitolio de Whasington. A pegada da Escola de Cantería pode seguirse tamén a través das pezas elaboradas nos seus obradoiros que están en Estados Unidos, Brasil, Venezuela, Filipinas, Bolivia, Nicaragua, México, Arxentina, Uruguai, Chile, Cuba, Alemaña, Francia, Suíza, Romanía e Portugal, así como diversos puntos de España.

    Tags: Deputación de PontevedraEscola de CanteríaLavadores

    RelacionadosArtículos

    A Cañiza dispone ya de una piscina municipal de vanguardia tras una ambiciosa rehabilitación
    A Cañiza

    A Cañiza dispone ya de una piscina municipal de vanguardia tras una ambiciosa rehabilitación

    20 de Mar, 2023
    La Diputación invertirá 1,8 millones en 11 municipios para recuperar espacios públicos o afrontar gastos
    Local

    La Diputación invertirá 1,8 millones en 11 municipios para recuperar espacios públicos o afrontar gastos

    17 de Mar, 2023
    Los ocho festivales agrupados en el Rías Baixas Film Fest se promocionarán en eventos nacionales e internacionales
    Cine

    Los ocho festivales agrupados en el Rías Baixas Film Fest se promocionarán en eventos nacionales e internacionales

    16 de Mar, 2023
    Nace la marca ‘TéAreeiro’ para impulsar la producción y promoción del té verde de camelia
    Gastronomía

    Nace la marca ‘TéAreeiro’ para impulsar la producción y promoción del té verde de camelia

    14 de Mar, 2023
    Homenaxe e «chute de autoestima» para o sector turístico no Auditorio Mar de Vigo
    Local

    Homenaxe e «chute de autoestima» para o sector turístico no Auditorio Mar de Vigo

    10 de Mar, 2023
    Vigo acogerá  la Gala Provincial de Turismo, centrada en el patrimonio inmaterial de Pontevedra
    Local

    Vigo acogerá  la Gala Provincial de Turismo, centrada en el patrimonio inmaterial de Pontevedra

    06 de Mar, 2023

    Más Vistos

    Aitana renuncia a actuar este año en Castrelos, cuyo cartel está “prácticamente cerrado”

    Aitana renuncia a actuar este año en Castrelos, cuyo cartel está “prácticamente cerrado”

    por Redacción
    17 de Mar, 2023
    0

    El Camiño da Seara, en la ciudad de Vigo, es una zona pendiente de desarrollar urbanísticamente

    El Vigo que va desapareciendo

    por Julio Alonso
    16 de Mar, 2023
    0

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0

    El nuevo Centro de FP de Ourense y viviendas de Vigo y Santiago, entre los premiados por el Colexio de Arquitectos

    Casa Tomada de Vigo, la mejor vivienda del año para el Colexio de Arquitectos de Galicia

    por Redacción
    18 de Mar, 2023
    0

    Acepta dos años de cárcel el conductor que se estrelló contra un muro, causando la muerte a su acompañante

    por Europa Press
    22 de Mar, 2023
    0
    Acepta dos años de cárcel el conductor que se estrelló contra un muro, causando la muerte a su acompañante
    Sucesos

    El conductor que se estrelló contra un muro en Vigo, causando la muerte de su acompañante, ha aceptado este miércoles

    Leer mas

    Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo se suman al cartel del festival Vive Nigrán 2023

    por Redacción
    22 de Mar, 2023
    0
    Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo se suman al cartel del festival Vive Nigrán 2023
    Música

    El cartel del festival Vive Nigrán crece con cuatro nuevas confirmaciones: Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo. El evento,

    Leer mas

    Johab Art and Design apuesta por el Centro Comercial Camelias para su segunda apertura en Vigo

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0
    Johab Art and Design apuesta por el Centro Comercial Camelias para su segunda apertura en Vigo
    Local

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local. En los últimos seis meses

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR