• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    Teñen dereitos de autor as creacións realizadas por Intelixencia Artificial?

    Pablo Fernández Carballo-Calero repasa nunha monografía 25 aspectos claves sobre IA e ‘copyright’. Escrito en inglés, este é o segundo libro no que o autor afonda nesta temática
    Redacción por Redacción
    04 de Feb, 2022
    en Local
    0
    cuadro arte pintura rembrant

    A día de hoxe os sistemas de Intelixencia Artificial (IA) forman xa parte da vida cotiá de calquera persoa. Desde un teléfono intelixente, a un asistente de voz, pasando polos navegadores por satélite; pero, ademais, estes sistemas de máquinas intelixentes tamén son quen de escribir, pintar, compor música ou facer vídeos. Significa isto que as súas novelas, pinturas ou cancións son susceptibles de protección pola propiedade intelectual? Quen sería neste caso o autor e titular destes dereitos? O profesor da Área de Dereito Mercantil, Pablo Fernández Carballo-Calero, acaba de sacar ao mercado un novo libro, 25 things you should know about Artificial Intelligence Art and Copyright, no que achega 25 aspectos claves sobre Intelixencia Artificial e Dereitos de Autor.

    Editado por Thomson-Reuters Aranzadi, a monografía está escrita en inglés e dá continuidade a unha obra lanzada polo mesmo autor e editorial en marzo de 2021 na que se analizaba a propiedade intelectual das obras creadas por IA, distinguindo entre aquelas realizadas por máquinas intelixentes de maneira autónoma, “se é que a día de hoxe isto é posible”, matiza o autor, e aquelas nas que se verifica unha contribución humana relevante no proceso creativo.

    IA para crear The next Rembrandt ou a 10ª sinfonía de Beethoven

     “Dado o impacto do tema no ámbito internacional, decidín facer esta versión en inglés cunha orientación máis divulgativa e centrada neses 25 puntos crave para entender a problemática que expón a creación de obras de arte por máquinas intelixentes”, explica o autor, quen fai fincapé en que iniciativas como The next Rembrandt,  pintura que viu a luz case 350 anos despois da morte do pintor barroco, constitúe un bo exemplo do impacto que a  IA está a ter no ámbito da arte. Pero este non é o único exemplo, a listaxe é cada vez máis longa e inclúe traballos como a utilización de  IA para finalizar o que sería a décima sinfonía de Beethoven ou para a recuperación de tres pinturas perdidas de Gustav Klimt. Neste último caso foron Google Arts and Culture e especialistas do Museo Belvedere de Austria os que lograron, a través de millóns de imaxes e documentos históricos, reconstruír a cor orixinal de tres dos seus cadros que foran froito das chamas e dos que só quedaban unhas fotografías en branco e negro.

    Pablo Fernández Carballo-Calero.

    “Este novo escenario supón novos interrogantes para o dereito de autor, que parte do principio xeral de reservar a condición de autor ás persoas naturais ou físicas”, recalca Fernández Carballo-Calero, docente na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. A problemática radica en determinar se as obras xeradas por IA deben ser ou no susceptibles de protección polo dereito de autor. A tal efecto, será básico determinar si o IA xerou a obra de forma autónoma –sen intervención humana ou cunha intervención mínima- ou se, pola contra, pese a contar coa axuda dun sistema de IA, se xestou grazas a unha contribución humana relevante.

    Un libro apto “para calquera lector”

    Editado en formato papel e libro electrónico, o monográfico resulta de interese para calquera persoa interesada no mundo da IA e a arte, así como tamén para todos os afeccionados e especialistas no ámbito dos dereitos de autor. “Está escrito para que poida ser facilmente comprendido por calquera que se achegue ás súas páxinas”, subliña o autor, ao tempo que fai fincapé en que a IA deixou de ser ciencia ficción: “interactúa connosco, achega solucións rápidas e efectivas e, sen apenas darnos conta, pasou a formar parte das nosas vidas”. 

    Nesta liña, Fernández Carballo-Calero insiste no primeiro capítulo da obra na idea de que a IA está presente de moitas maneiras na vida das persoas. “Sen ir máis lonxe, as melloras intelixentes realizadas nos ‘selfies’ efectúanse grazas a esta tecnoloxía que identifica o enfoque adecuado”, ou, outro exemplo, os asistentes de voz, que procesan linguaxes naturais para interpretar ordes emitidas pola voz humana, permítenlles aos usuarios reproducir música, axustar o volume, facer chamadas e enviar mensaxes mentres conducen, buscan fotos, reservan un taxi, controlan a domótica do fogar, contrastan información, realizan cálculos e unha infinidade de posibilidades. “Tales asistentes avísannos de noticias e eventos en función das nosas preferencias, propóñennos accións e, en definitiva, axúdannos nas nosas tarefas cotiás a través de recordatorios e indicacións baseadas nas nosas rutinas”, engade o autor da monografía.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR