«As mulleres estamos fartas de machismo, fartas de que se nos ataque polo simple feito de ser mulleres, eu esta fin de semana vouna tomar como época de reflexión para analizar que accións vou tomar, non no meu nome, senon no nome de todas as mulleres. O luns anunciarei as decisións que tomarei en defensa de todas as mulleres», sinalou Silva durante a inauguración da Festa do Marisco no Grove.
A máxima responsable da Deputación tamén pediu aos responsables do Partido Popular que tomen medidas ante a saída de tono do rexedor arousán. «Espero que Feijóo e Rueda saian hoxe denunciando claramente este tipo de afirmacións e comportamentos porque é obrigado, non podemos consentir que ninguén, pero especialmente representantes públicos, fagan esas afirmacións tan terribles», afirmou.
Carmela Silva asegurou que «a presidenta da Deputación chegou para cambiar a provincia, para traer a igualdade, para que todas as mulleres poidan defender os seus deretios, para que a provincia sexa máis prospera, iso será o que vou a seguir facendo».
«Esta provincia é outra provincia desde hai tres anos, e seguirá sendo moitos anos máis. Hai moitos homes e representantes públicos, particularmente no PP, que non soportan ver a unha muller empoderada, e cada día somos máis as que estamos empoderadas. Chegamos para quedarnos, aquí estamos, cunha sonrisa. Frente aos insultos, ideas, propostas e sonrisas», destacou Silva.