• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Reigosa toma posesión pensando na universidade do futuro

    O novo reitor proponse darlle maior pulo á docencia, simplificar a burocracia, facer rexurdir o Claustro e acadar mellores condicións de traballo para o persoal, entre outros obxectivos
    Redacción por Redacción
    08 de Jun, 2018
    en Local
    0

    O seu discurso, no que avanzou algunhas das súas liñas estratéxicas de traballo para os próximos anos, sucedeu ao pronunciado por Salustiano Mato que asegurou marchar “coa sensación do deber cumprido e coa ledicia de ver á Universidade situada nos eidos máis salientables do ámbito nacional e internacional”. Mato, que agradeceu o traballo desenvolvido polo seu equipo, polo PAS e o PDI e por diferentes institucións, ofreceuse a axudar ao seu sucesor e marchar “coa Universidade de Vigo na cabeza e no corazón”.

    O acto de toma de posesión, celebrado a mediodía no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que estivo acompañado na mesa presidencial polos reitores das universidades de Santiago, Antonio López, e A Coruña, Julio Abalde; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodriguez e o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa.

    Feijóo referiuse á cooperación como a máxima que considera rexe entre as tres universidades galegas e que fixo posible acordos para a docencia médica ou para a creación do novo consorcio interuniversitario. O presidente da Xunta aludiu a algúns dos éxitos acadados nos últimos anos pola institución académica viguesa e rematou ofrecendo a colaboración do Goberno galego ao novo reitor, que dixo trae “experiencia, prestixio, independencia e ilusión”.

    Tras prometer o seu cargo e recibir de mans do seu antecesor a medalla e o bastón de mando, Reigosa pronunciou un discurso que iniciou agradecendo o apoio recibido para acadar a súa elección e no que manifestou a súa intención de traballar para programar a universidade do futuro, “porque temos que alonxar a mirada e levantar a cabeza”.

    reigosa posesionO novo reitor retomou o seu lema de campaña con H2040 para referirse a unha universidade das persoas, “agarimosa” e á que a comunidade universitaria se sinta honrada de pertencer. O novo reitor gabou a campaña “limpa e nobre” realizada por Emilio Fernández á fronte de Ideas que suman e agradeceu o apoio do PAS, PDI e alumnado e moi especialmente o traballo desenvolvido polas e polos integrantes do seu equipo de goberno “por embarcarse nunha aventura que eu consideraba moi difícil”.

    De seguido, debullou algúns dos seus principais obxectivos, que pasan por acadar, asegurou, mellores condicións de traballo para o persoal; darlle maior pulo á docencia; simplificar a burocracia; apostar polos recursos humanos; facer rexurdir o Claustro, así como negociacións máis fluídas con diversos colectivos, como o sindical. “Temos que facer un esforzo por captar alumnado nos países de fala hispana e tamén de Brasil, sen esquecer o inglés”, destacou Reigosa, que tamén incidiu na necesidade de incorporar docentes e persoal investigador para renovar, no primeiro caso un cadro de profesorado cada vez máis avellentado e para recuperar o pulo nas publicacións científicas de alto nivel, no segundo.

    Peticións á Xunta
    Reigosa demandou do presidente da Xunta a axuda do executivo galego para que as tres universidades do SUG volvan ter presenza no ránking de Shanghai, “un logro extraordinario”, conseguido no caso de Vigo no curso 2011-2012, e manifestou a súa aspiración no caso do ránking Times Higher Education de situar á institución académica viguesa entre o grupo das 100 primeiras universidades de menos de 50 anos.

    Neste sentido, aludiu ao programa autonómico Ultreia 2020, que inclúe opcións de mellora no ámbitos da calidade e a internacionalización. Tras reiterar que as clasificacións son importantes, Reigosa rematou o seu discurso referíndose ao que sinalou como o seu primeiro obxectivo para os vindeiros catro anos, “estes dias miro moitos sorrisos polo campus e espero que dentro de catro anos sigan eses sorrisos”, dixo o reitor. Rematado o seu discurso, as e os integrantes do seu equipo de goberno prometeron os seus cargos.reigosa posesion discurso

    43

    RelacionadosArtículos

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas
    Local

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas

    10 de Feb, 2026
    Atasco kilométrico en la VG-20 y la AG-57 por un accidente de tráfico
    Val Miñor

    Un peligroso desprendimiento obliga a cortar la AG57

    10 de Feb, 2026
    La «doble velocidad» en las obras de Navia: ya vislumbra el primer bloque de viviendas y otro, con cambios
    Local

    Ana Ortiz: «La realidad es muy terca, querido alcalde, pero la Xunta es la única que construye vivienda en Vigo»

    10 de Feb, 2026
    Los hospitales de Vigo prolongan su mejoría: la ocupación por Covid-19 vuelve a niveles de principios de diciembre
    Local

    Inspección al servicio de Dermatología de Povisa tras las denuncias por falta de médicos

    10 de Feb, 2026
    Peinador, una pista a ralentí: así consiguió aterrizar el vuelo de Barcelona, con retraso y turbulencias
    Local

    Peinador vuelve a ‘sufrir’ con el mal tiempo: frustrados tres aterrizajes en Vigo

    10 de Feb, 2026
    Desalojan un edificio en Vigo tras un intento de apuñalamiento
    Local

    Desalojan un edificio en Vigo tras un intento de apuñalamiento

    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR