• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 9 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    abau 2020

    Récord de participación na ‘selectividade’ máis atípica

    Máis de 6.300 estudantes comezaron os exames da ABAU nas comisión delegadas da Universidade de Vigo. Ás probas nos campus súmanse as que se realizan en diferentes pavillóns municipais
    Redacción por Redacción
    07 de Jul, 2020
    en Local
    0
    Récord de participación na ‘selectividade’ máis atípica

    Exames no Pavillón Universitario de Vigo. / Fotos: DUVI

    A alerta sanitaria provocada pola Covid-19 interrompeu de forma abrupta as clases o pasado mes de marzo. Agora, case catro meses despois, o rebulir volveu aos campus da Universidade de Vigo da man do alumnado que este martes iniciou a realización das probas de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU).

    Fíxoo nos campus pero tamén espallados por múltiples pavillóns municipais e institutos de ensino secundario de toda Galicia, cumprindo estritas normas de seguridade sanitaria, gardando as distancias, coas orellas descubertas e desprovistos de todo tipo de tecnoloxía… cun intenso día de calor e con máis nervios que nunca, dado o tempo que levan sen facer un exame por escrito, pero mantendo intacta a súa ilusión por iniciar a vida universitaria. É a edición máis atípica dunhas probas que baten récord de participación con 14.555 estudantes matriculados en toda Galicia, un 27.6% máis que o ano pasado, dos cales 6.340 se examinan ata o este xoves nas diferentes comisións delegadas da Universidade de Vigo.

    En Vigo e nos concellos da súa contorna examináronse máis de 3.300 alumnos e alumnas.  Por primeira vez houbo exames en lugares tan atípicos para realizar estas probas como no pavillón universitario do campus, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ou no comedor da Facultade de Filoloxía e Tradución. En total nas diferentes instalacións do campus examináronse 1.422 rapaces e rapazas, 434 na comisión delegada da EU de Estudos Empresariais de Torrecedeira (con exames  en Empresariais e na Escola de Enxeñería Industrial) e 988 no propio campus  (418 na FFT, 308 na Facultade de CC Económicas e Empresariais e 262 no pavillón universitario).

    Todo transcorreu con normalidade. “O mellor é que por fin chegou o momento”,  explicaba María Diley, alumna do IES Alexandre Bóveda intres antes de iniciar o seu exame no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. “Penso que todos estamos moi nerviosos e desexando xa que pase e que, por fin, comece tamén para nós o verán”, admitía a alumna, que espera acadar a nota suficiente para estudar Enfermaría no Meixoeiro.  “Estes últimos meses foron moi agoniantes, sobre todo ao principio, pero, unha vez organizados, as cousas foron mellor”, explicou tentando relaxarse antes de realizar o primeiro exame.

    Malena Sousa e Natalia Miquel, estudantes do Apóstol Santiago, tamén teñen claro o que queren estudar o vindeiro curso, Dereito e Bioloxía, respectivamente. Agora quédanlles por diante tres días para conseguir a nota precisa para entrar nas carreiras desexadas. Tras facer o primeiro exame, o de Historia de España, recoñecían estar máis tranquilas. “Estamos contentas co que entrou e xa sacamos de enriba unha das materias con máis contido” explicaban, ao tempo que recoñecían que, tras o primeiro exame, rómpese unha barreira invisible que lles permite afrontar o resto da xornada dun xeito máis relaxado. Pare elas, este curso tan atípico foi complexo e, aínda que consideran que tiveron “moita sorte” coa docencia en liña e a implicación dos seus profesores, “preparar un trimestre enteiro na casa, sobre todo as partes prácticas, foi complicado”.

    Tamén en Vigo, pero xa fóra do campus, 555 estudantes procedentes de sete institutos da cidade examináronse no pavillón das Travesas e outros 1300 alumnos e alumnas examináronse en seis comisións delegadas espalladas por diferentes concellos da comarca: CEIP de Cova Terreña de Baiona (190 estudantes procedentes deste municipio xunto con Nigrán e Gondomar); IES de Rodeira  (276 estudantes procedente de Cangas e Moaña); IES Val do Tea de Ponteareas, (251 alumnos procedentes deste concello, Salvaterra de Miño, A Cañiza e As Neves); IES Pino Manso (214 mozos e mozas de Porriño e Mos); IES Mendiño (186 de Redondela e Soutomaior), e IES Indalecio Pérez Tizón (237 mozos e mozas  de Tui, A Guarda e Tomiño).

    Un total de 1.651 alumnos e alumnas examínanse desde este martes nas comisións delegadas creadas en Pontevedra, Marín e Vilagarcía de Arousa e deles, 874 fano en tres facultades e escolas do campus pontevedrés. Ata estas chegaron este xoves alumnos e alumnas de 18 centros educativos, fronte aos 29 que se reuniron nos tres centros o pasado curso, e deles 370 enfróntanse á ABAU nas aulas, no ximnasio e no pavillón, habilitados para estas probas, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Outros 279 realizan estas probas na Escola de Enxeñaría Forestal e 225 na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Fóra do campus, a ABAU tamén arrincou este martes no Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE en Pontevedra, onde, coas adaptacións necesarias, realizan os exames 16 estudantes con discapacidade.

    Procedentes do CPR Los Sauces, Carolina Matilde e Rubén Lago son dous dos alumnos que esta mañá enfrontábanse aos primeiros exames da ABAU na EE Forestal, nun ano marcado polas medidas de seguridade, o distanciamento e as mascarillas. “A verdade é que pasei bastante calor no exame”, recoñecía Lago, trala proba de de Historia de España. Superar ese primeiro exame e deixar atrás os nervios iniciais, engade Matilde, axuda a afrontar “máis relaxados” o resto de probas dunha ABAU marcada tamén por un formato con máis opcións, que co que estes dous alumnos se amosan conformes. “Totalmente, porque hai que ter en conta que hai estudantes que non puideron chegar a dar todo o temario”, salienta Matilde, que agarda poder cursar a partir de setembro o grao en Administración e Dirección de Empresas, mentres que o desexo de Lago é marchar a Madrid a cursar Enxeñaría de Software.

    Sara Seoane e Nerea Barrera do IES Otero Pedrayo amosáronse satisfeitas despois do primeiro exame, no que máis aló da materia tamén tiñan dúbidas sobre se debían utilizar ou non a máscara de protección. “Tiña medo por se había que facer os exames coa máscara, pero non” explicaron as dúas rapazas, que queren estudar Filoloxía inglesa e Maxisterio. Ao igual que Sara e Nerea, Joel Dorribo, do Salesianos e Roberto Vila do 12 de Outubro, lamentaron os problemas que, derivados da covid-19, tiveron que sufrir para preparar a ABAU. “Estudar na casa era complicado e a biblioteca tiña horario reducido”, explicou Joel, mentres que Roberto Vila aseguraba que non lle afectou estudar na casa. Ambos os dous estudantes, que aspiran a cursar ADE e Historia ou Xeografía aseguraron “vir facer os exames, mentres que o virus é secundario”.

    Seis comisións delegadas, tres no campus, outra en O Carballiño, outra en Xinzo de Limia e outra e A Rúa, encárganse desde esta mañá da realización das probas da ABAU na provincia de Ourense, onde están matriculados un total e 1358 estudantes. Chegados de todos os puntos da provincia, os 912 alumnos e alumnas que se examinan na Biblioteca do campus; no Edificio Politécnico, Edificio Xurídico-Empresarial e na Facultade de Historia do campus ourensán, comezaron os exames de acceso á universidade coa proba de Historia de España, logo de recibir durante unha hora as indicacións pertinentes para a realización das probas, que se prolongarán ata o vindeiro xoves. Así, nunha ABAU na que por vez primeira, un terzo do alumnado fai as probas de acceso á universidade fóra da cidade de Ourense, na comisión delegada de O Carballiño examínanse 116 estudantes; 195 en Xinzo de Limia e 135 en A Rúa. Respecto de 2019 o número de matriculados incrementouse en 301.

    43

    Tags: ABAUpandemiaUVigo

    RelacionadosArtículos

    Sanidade y UVigo prorrogan su convenio para potenciar la investigación a través del Instituto Galicia Sur
    Local

    Sanidade y UVigo prorrogan su convenio para potenciar la investigación a través del Instituto Galicia Sur

    07 de Oct, 2025
    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’
    Local

    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’

    06 de Oct, 2025
    Galicia logra avances favorables frente a los incendios: cuatro estabilizados
    Local

    La Universidade de Vigo participa en un proyecto pionero para la detección satelital de incendios

    02 de Oct, 2025
    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre  comunidades energéticas rurales
    Local

    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre comunidades energéticas rurales

    01 de Oct, 2025
    La catedrática Belén Rubio sucede a Reigosa y será la candidata a rectora de la UVigo
    Local

    La catedrática Belén Rubio sucede a Reigosa y será la candidata a rectora de la UVigo

    24 de Sep, 2025
    Local

    La UVigo espera que la ETEA se convierta en la «envidia» de los investigadores a nivel mundial

    23 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    Vigo pone en marcha la reforma de los emblemáticos locales comerciales de la calle Carral: así será su nueva imagen

    Vigo pone en marcha la reforma de los emblemáticos locales comerciales de la calle Carral: así será su nueva imagen

    por María Alonso
    03 de Oct, 2025
    0

    Nuevo paso al frente en la renovación de Praza de España

    Nuevo paso al frente en la renovación de Praza de España

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando el genocidio de Palestina
    Más Vigo

    Recordando el genocidio de Palestina

    Cada vez hay más voces en todo el mundo civilizado en contra del genocidio de Palestina. Lo que está ocurriendo...

    por Julio Alonso
    08 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada
    Libros

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada

    O relato Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é o gañador da duodécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado...

    por Redacción
    08 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Enésimo retraso en el tren Vigo-Coruña: los pasajeros, al límite de la paciencia
    Opinión

    Los vigueses y la España vacía y vaciada

    En la prensa de mediados de junio de este año nuestro máximo mandatario vigués alardeaba de la supresión de paradas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR