• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Preto de 800 investigadores da UVigo poderían beneficiarse dos complementos retributivos

    A resolución acadada na mesa de negociación do PDI foi ratificada este venres polo Consello de Goberno. A actividade académica docente comezará o vindeiro curso o 5 de setembro
    Redacción por Redacción
    11 de Mar, 2022
    en Local
    0
    Preto de 800 investigadores da UVigo poderían beneficiarse dos complementos retributivos

    Consello de Goberno da Uvigo. / Foto: DUVI

    83 profesores e profesoras axudantes doutores e, aproximadamente, 700 investigadores e investigadoras da UVigo son os potenciais beneficiarios dos complementos retributivos do persoal laboral, logo de acordo acadado na mesa de negociación do PDI e que hoxe foi ratificado polo Consello de Goberno na súa sesión ordinaria. O acordo ao que se chegou o pasado mes de novembro entre o equipo de goberno e as diferentes seccións sindicais da UVigo, con 13 votos a favor e 2 abstencións, recoñece o dereito a solicitar quinquenios e sexenios no caso do profesorado axudante doutor, e o recoñecemento de trienios ao persoal investigador, partir de xullo de 2022, aínda que podería adiantarse algún mes, en función da dispoñibilidade orzamentaria.

    Este foi un dos acordos adoptados este venres na sesión ordinaria de Consello de Goberno na que, entre outras cuestións, tamén se aprobou o calendario académico para o vindeiro curso, que se desenvolverá entre o 5 de setembro de 2022 e o 9 de xuño de 2023. As e os integrantes do órgano de goberno tamén aprobaron hoxe a adhesión ao Plan Antifraude da UVigo, así como os criterios de avaliación da produción de investigación e transferencia para este ano e as declaracións de interese de modificación ou verificación de preto dunha trintena de títulos de grao, mestrado e doutoramento.

    A sesión comezou co informe do reitor no que, logo de animar á participación e manifestar o seu optimismo sobre a posibilidade de que se presenten tres ou catro candidaturas ao proceso electoral do vindeiro 4 de maio “porque é bo que a comunidade universitaria teña opcións onde elixir”, Manuel Reigosa confirmou que “todo está ben atado para que teñamos en Vigo un laboratorio de comunicacións cuánticas”. Ademais dun posible aluguer dun dos edificios que Zona Franca ten en López Mora, o reitor avanzou que tamén se está a avaliar outros espazos máis preto do campus para a instalación do laboratorio, dotado economicamente con preto de oito millóns de euros procedentes de fondos europeos, e que organicamente estará situado en atlanTTic , como unha unidade singular, que serviría “para atraer talento e facer de Vigo un referente en comunicacións cuánticas”. En paralelo, lembrou Reigosa, que tamén se está a traballar no financiamento dunha fábrica de chips fotónicos, liderada por Zona Franca e empresas do sector.

    En relación coas últimas xuntanzas da Crue e do Consejo de Universidades, Reigosa confirmou que sobre a modificación da Ley de la Ciencia houbo acordo nas cuestións básicas e os reitores están á espera das modificacións relativas aos contratos ligados ao desenvolvemento da investigación, cuestión na que solicitaron unha solución transitoria. O reitor tamén aproveitou o seu informe para trasladar aos membros do Consello a intención da UVigo de realizar unha nova convocatoria de axudas para alumnado refuxiado para que estudantado ucraíno que o desexe poida seguir os seus estudos na UVigo.

    Complementos retributivos

    “Ata o de agora”, explica Manuel Ramos, vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, “o PDI laboral non podía solicitar complementos retributivos do persoal laboral. Por unha banda están os que entran no ámbito de aplicación do II Convenio colectivo do PDI das universidades galegas, caso do profesorado axudante doutor, no que non está recoñecido o dereito ao cobro de quinquenios e sexenios. E por outra parte, está o caso dos trienios dos investigadores, xa que parte deles tamén están no ámbito do convenio e facíase a interpretación de que non tiñan dereito a este  complemento” detalla Ramos, que lembra ademais que á outra parte dos investigadores, os contratados por obra e servizo, que están fóra do ámbito do convenio colectivo, tampouco se lles recoñecía ese dereito por analoxía.

    A cuestión foi trasladada, no mes de marzo de 2021, en primeiro lugar, á comisión de interpretación do Convenio colectivo no que están presentes as tres universidades galegas, e logo de varias reunións acordouse que o tema excedía do ámbito de interpretación do convenio, xa que se trataba de recoñecer novos dereitos, polo que cada universidade debería negociar en cadansúa mesa de PDI. “A partir do mes de xullo do 2021 estableceuse unha negociación a nivel da UVigo, que finalmente frutificou no acordo acadado en novembro”, explica Ramos, que recorda que esta cuestión xurdía periodicamente, a nivel de consultas, e sobre todo cando se producía a resolución dalgunha demanda xudicial relacionada con estes complementos. “Pero, que eu coñeza, e estiven a ambos lados da mesa de negociación, esta é a primeira vez que se aborda algo que se poida chamar negociación real sobre o tema”, explica o vicerreitor.

    Segundo as táboas salariais da UVigo, e dado que se aprobou un complemento equivalente ao nivel 26, cada quinquenio e sexenio, que teñen a mesma remuneración, supoñen 113,74 euros brutos ao mes. No caso dos trienios, depende de se o investigador ou investigadora está contratado a tempo completo ou parcial, ascendendo no caso de tempo completo a 47,67 euros brutos ao mes. Acadar este acordo supón, segundo Manuel Ramos, “seguir avanzando na idea forza coa que nos presentamos e que o noso compromiso coa comunidade universitaria que nos elixiu nos esixe: ‘O importante son as persoas’. E nese senso creo que este acordo culmina un esforzo importante realizado e estendido a todos os colectivos que compoñen a nosa universidade”, valora a o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado.

    Calendario académico e novas titulacións

    O Consello de Goberno acordou este mediodía que a actividade académica docente no curso 2022-2023 comezará na Universidade de Vigo o luns 5 de setembro de 2022 e rematará o venres 9 de xuño de 2023. O primeiro cuadrimestre prolongarase do 5 de setembro ao 27 de xaneiro e o segundo do 30 de xaneiro ao 9 de xuño de 2023. A actividade académica suspenderase en Nadal, entre o 21 de decembro e o 6 de xaneiro; polo Entroido, o 20 e o 21 de febreiro e en Semana Santa entre o 3 e o 7 de abril de 2023. A celebración de Santo Tomé de Aquino terá lugar o 27 de xaneiro de 2023.

    Outros dos acordos acadados na sesión deste venres foi a adhesión ao Plan Antifraude da UVigo, que ten o obxectivo de establecer medidas para protexer os intereses financeiros la UE, establecendo un mecanismo de recuperación e resiliencia naqueles proxectos que xestione a institución e obteñan financiamento con cargo a este mecanismo. Segundo explicou a xerenta da UVigo, Raquel Souto, o plan aplicarase aos proxectos executados pola institución, financiados a cargo dos fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no caso concreto das persoas con funcións de planificación, xestión, decisión control e pago de proxectos. Na súa intervención, a xerenta aludiu ás medidas de loita contra a fraude establecidas nos ámbitos da prevención, detección, corrección e persecución, así como ao protocolo para a xestión dos conflitos de interese, tanto declarados como non declarados.

    Na sesión celebrada hoxe tamén se aprobaron as declaracións de interese de verificación dos novos mestrados en Prevención e Tratamento das Drogodependencias e Conductas Adictivas; Criminoloxía; Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica; Economía Circular; Fabricación Aditiva; Xestión Sostible da Auga; Biofabricación; Xestión da Experiencia do Cliente; E-government e Transformación Dixital; Innovación Educativa; Vehículos Autónomos; Internet das Cousas e Realidade Estendida e do doutoramento en Nanociencia e Biomedicina. Tamén se lle deu luz verde a modificacións nos graos en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación; Tradución e Interpretación; Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Publicidade e Relacións Públicas; Turismo e Administración e Dirección de Empresas; aos mestrados en Avogacía; Enxeñaría de Telecomunicación; Ciberseguridade e Enxeñaría Informática e nos programas de doutoramento en Xeotecnoloxías Aplicadas á Construción, Enerxía e Industria; Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria e Sistemas Software Intelixentes e Adaptables.

    Neste punto, a docente e investigadora Soledad Torres deu lectura a un manifesto do Departamento de Teoría do Sinal e das Comunicacións, do que é a secretaria, no que se solicita máis transparencia na redacción e unha maior posta en valor das capacidades da UVigo en relación coa elaboración da proposta do Máster en Internet das Cousas, no que participará este departamento da EE de Telecomunicación da UVigo, xunto con outros departamentos da universidades de A Coruña e Santiago de Compostela.  O reitor lembrou na súa resposta a Soledad Torres que este é un mestrado que vén do estudo Galicia 2030 encargado polo Xunta de Galicia , “non son titulacións nin de centros, nin de departamentos, veñen de arriba”, dixo Reigosa, que amosou a súa disposición da seguir traballando para melloralo e facelo máis transparente.

    Criterios de avaliación

    Noutra orde de cousas, o Consello tamén aprobou por asentimento os criterios de avaliación da produción de investigación e transferencia para o ano 2022, nos que, respecto do ano anterior, segundo confirmou a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, unicamente se fixeron unhas aclaracións na redacción da produción de transferencia e se incluíron as María Zambrano. Así mesmo, aprobáronse as tarifas de servizos do Cintecx para este ano, sendo esta primeira vez que o centro contempla servizos para ofertar a outros membros da comunidade universitaria e a empresas. “Isto decidiuse a raíz de novas infraestruturas comúns en un futuro faremos como noutros centros e haberá que poñer un sistema de control como o LIMS ou similar, como xa teñen o Cacti, Cinbio e o CIM”, explica Belén Rubio.

    Por outra banda, acordouse un incremento para actualizar ao IPC o prezo das residencias da UVigo para o próximo curso, unha suba que chega tras catro anos nos que non se aplicara.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR