• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 17 de septiembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Preto de 500 embaixadores e embaixadoras da UVigo, espallados este curso polo mundo

    Algúns dos alumnos que fan o seu programa erasmus no curso 2022-2023 contan a súa experiencia e as motivacións que os levaron a escoller destino
    Redacción por Redacción
    09 de Dic, 2022
    en Local
    0
    Preto de 500 embaixadores e embaixadoras da UVigo, espallados este curso polo mundo

    Nerea Rodríguez en Dinamarca; Melissa Calviño en Alemaña; Smerlyn Tejada en Colombia e Saray Freijeiro en Bélxica. / Foto: DUVI

    “A experiencia Eramus é algo que non podes rexeitar”, asegura desde Dinamarca Nerea Rodríguez Otero. A estudante viguesa de 3º curso do Grao en Educación Primaria na Facultade de Educación e Traballo Social no campus de Ourense, decidiuse a cursar parte da súa titulación no UCL Erhvervsakademi og Professionshøjskole de Odense, porque “ao estudar Educación, interesábame comparar e explorar o sistema dun país nórdico, pois teñen fama de ser moi eficaces e eficientes”, asegura. Nerea Rodríguez é unha das 491 alumnas e alumnos da UVigo que este curso 2022-2023 están estudar a totalidade do curso, ou un cuadrimestre, no estranxeiro ao abeiro dalgún dos programas de mobilidade que oferta a UVigo ao seu estudantado.

    No caso da pontevedresa Saray Freijeiro Arca, o que a impulsou a marchar á Haute École Bruxelles-Brabant (Bruxelas, Bélxica) foi o idioma, “o francés, e porque é un lugar próximo a moitos outros lugares de interese para min”, explica a estudante de Educación Infantil do campus de Pontevedra. Ao igual que Nerea, Saray tamén considera que “é unha experiencia que hai que vivir algunha vez na vida. Saes da zona de confort e, acabe gustándoche ou non, polo menos sabes se é algo feito para ti e non quedas coa dúbida”.

    Mellorar o seu francés, tamén é a razón que levou a Estela Durán Pereira, estudante de segundo curso do grao en Tradución e interpretación francés-español do campus de Vigo a solicitar unha bolsa para estudar na zona francófona de Canada. Na cidade de Moncton, situada no sureste do país, na provincia de Novo Brunswick, Estela asegura que experiencia está a ser “sen dúbida incrible. Empápaste da cultura do país, viaxas e mellora o idioma dun xeito moi doado. A nivel persoal creo que implica tamén unha maior autonomía e flexibilidade en todos os sentidos”, asegura a estudante da UVigo, que non agocha ”o carísimo que é vivir aquí, porque o nivel de vida é moi alto”.

    O Erasmus en datos

    Estela é precisamente unha das 17 alumnas e alumnos da UVigo que este curso se atopan nun país estranxeiro ao abeiro de convenios bilaterais, aos que se suman, ata acadar os 491 totais, os 438 do programa Erasmus +103; 17 Eramus Prácticas; 7 ISEP; un G4; 3 de libre mobilidade e outros 8 estudantes que se acolleron a outras modalidades.

    Do total de 491 estudantes de intercambio deste curso da UVigo, 295 son mulleres e 196 homes. Así mesmo, 274 estarán fóra durante todo o curso académico, mentres que 163 optaron por facelo o primeiro cuadrimestre e 54, o segundo. Italia con 139 e Polonia con 64 son os países que maior número de estudantes da UVigo acollen este curso, seguidos de Portugal con 56, Alemaña con 28, Francia con 20 e República Checa con 17. Fóra de Europa, 13 estudantes cursan estudos en EEUU, outros 5 en México e 3 en Brasil e Colombia.

    En canto á distribución do alumnado propio de intercambio por campus dos 239 estudantes do campus del Vigo que este curso viaxan ao estranxeiro a maioría, 77, son da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, seguida de Filoloxía e Tradución con 40, a Escola de Enxeñaría Industrial con 29 e a Facultade de Comercio co 19. No caso do campus de Ourense, dos 129 estudantes que se acolleron a programas de mobilidade a maior parte (62) cursan os seus estudos na Facultade de Educación e Traballo Social; seguida de Ciencias Empresarias e Turismo con 20, a Escola Superior de Enxeñaría Informática con 14 e a Facultade de Ciencias con 12. Pola súa banda, o campus de Pontevedra “exporta” este curso 123 alumnos e alumnas. As facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación e de Ciencias da Educación de do Deporte con 41 estudantes, respectivamente, son as máis alumnado envían ao estranxeiro, seguidas de Belas Artes con14 e Fisioterapia con 7. O curso pasado 2021-2022 foron 572 os e as estudantes da UVigo que cursaron os seus estudos no estranxeiro.

    De Italia a Dakota do Norte, pasando por Polonia e República Checa

    Estudiantes Erasmus nos seus destinos. / Fotos: DUVI

    Carla Rodríguez e Laura González, estudantes de 3º curso do Grao en Comunicación Audiovisual e de 4º curso do Grao en Enxañaría Aeroespacial, respectivamente, elixiron Italia e Polonia como destinos da súa estadía no estranxeiro, ao igual que a maioría do alumnado da UVigo, que este curso fixo destes dous países os seus favoritos.

    No caso de Carla, que estuda na LUMSA en Roma, “elixín Italia porque sempre me deu moita curiosidade o país e quería que fose o primeiro que visito na miña vida. Sobre todo o elixín pensando en todo o que me inspira e agora que estou aquí sei que no me equivoquei”, asegura. Pola súa banda, Laura González, explica desde a University of  Science and Technology (Politechnika Wroclawska) que Polonia lle chamaba a atención como destino, “o cambio de cultura e  do idioma”, ademais de que Wroclaw está situada no centro de Europa “polo que estás moi conectada à vez como outros lugares de Europa como Alemaña ou República Checa, o que daba lugar a coñecer empresas internacionais que puidesen chamarme a atención, mesmo para quedarme a traballar por Europa”.  A distancia cos seres queridos é para ambas unha das caras negativas dunha experiencia, que as dúas valoran como moi positiva, “pola vida tan completa que experimentas”, sinala Carla e porque “non só aprendes doutros expertos internacionais e outros métodos de ensino diferentes, senón que tamén aprendes a ser autosuficiente e coñecer os teus límites”, explica Laura.

    A aprendizaxe de idiomas nun país estranxeiro era algo que Leticia Cagide Rivas tiña claro que quería facer desde que empezou o seu camiño no mundo universitario, e aínda que República Checa non era a súa primeira opción, a día de hoxe asegura estar “moi agradecida de que me asignaran este destino”. Para esta estudante de segundo curso de Tradución e Interpretación, superado “o abafo polo abundante papeleo que debes realizar antes de viaxar, a oportunidade de falar outros idiomas, coñecer xente doutros lugares, novas culturas, son factores cos que máis dificilmente podes pelexar no teu país de orixe”.

    Pola súa banda, a alumna granadina do Grao en Enxeñaría Biomédica Julia Martínez Rodríguez está a estudar este curso, ao abeiro da convocatoria de mobilidade ISEP, en North Dakota State University en Fargo, Dakota do Norte. “En principio busquei facer un Erasmus, porque sabía que ía ser máis económico, pero para Enxeñaría Biomédica só era posible un cuadrimestre e había moi poucas cidades, así que decidín presentarme á convocatoria ISEP e aínda que o proceso foi moi longo, sei que pagou a pena”, asegura, sobre esta experiencia que lle está a permitir coñecer moita xente e a cultura americana. “O máis positivo é poder mellorar o meu nivel de inglés e ter a oportunidade coñecer EEUU e o máis negativo é que Fargo é unha das cidades con máis frío do país e ao ser unha cidade pequena é difícil poder viaxar e coñecer outro sitios”.

    De Italia a Dakota do Norte, pasando por Polonia e República Checa

    Nadas en República Dominicana e Venezuela, respectivamente, Smerlyn Tejada e Melissa Calviño, estudan 3º de Educación Social e de Ciencias do Mar na UVigo, respectivamente, aínda que este curso se atopan en Santiago de Cali (Colombia) e Kiel (Alemaña).

    “Decidín irme a estudar fóra durante un curso porque sabía que con esta experiencia ía aprender moito e non só a nivel académico, senón en todos os aspectos da vida. Isto non é unha oportunidade que se dea máis dunha vez na vida e que mellor que aproveitala e disfrutala os meus 20”, explica Smerlyn, para quen o máis positivo da súa experiencia en Cali están a ser as persoas, “Colombia está chea de xente con corazón de ouro e relacionarme con elas é súper gratificante pois achegoume moita felicidade”.

    Pola súa banda, Melissa escolleu estudar no Geomar, como parte do alumnado da Universidade Christian Albrechts por ser esta “unha institución referente no marco europeo na investigación mariña e para poder desfrutar esta experiencia e coñecer como traballan outros grupos de investigación”. Para a estudante de Ciencias do Mar “a experiencia Eramus é algo incrible, poder gozar desta oportunidade é algo que recomendo moitísimo a todo que teña ganas de viaxar, aprender cousas novas e redescubrir os seus propios límites”, relata desde Alemaña.
     

    43

    Tags: educaciónErasmusUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Regresa G-Night con más 200 actividades gratuitas para despertar tu vocación científica
    Local

    Regresa G-Night con más 200 actividades gratuitas para despertar tu vocación científica

    15 de Sep, 2025
    La Xunta concluye los trabajos de investigación en las mámoas de As Xunqueiras de Vigo
    Arqueología

    La Xunta concluye los trabajos de investigación en las mámoas de As Xunqueiras de Vigo

    15 de Sep, 2025
    Concello y UVigo firman un convenio para trabajar en la candidatura de Cíes a Geoparque de la Unesco
    Local

    Concello y UVigo firman un convenio para trabajar en la candidatura de Cíes a Geoparque de la Unesco

    11 de Sep, 2025
    La UVigo inicia el curso con «magníficos» datos de matrícula a la espera de elegir nuevo rector
    Local

    La UVigo inicia el curso con «magníficos» datos de matrícula a la espera de elegir nuevo rector

    08 de Sep, 2025
    La asamblea de Foanpas reafirma la negativa de no gestionar los comedores en Vigo
    Local

    Foanpas ya tiene sus primeras mil firmas para la ILP contra las aulas inclusivas

    08 de Sep, 2025
    Más de 2.000 estudiantes conocen ya la UVigo antes de arrancar el curso universitario
    Local

    Más de 2.000 estudiantes conocen ya la UVigo antes de arrancar el curso universitario

    06 de Sep, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Gran Vía de Vigo estrena rampas mecánicas, suelo que genera energía y acera con pantalla LED

    Caballero envía a la Xunta el proyecto de las rampas de Gran Vía y advierte: «Ni se le ocurra paralizarlo»

    por Redacción
    11 de Sep, 2025
    0

    Gran Vía y «Ponle Freno» unen fuerzas por la seguridad vial

    El gigante polaco de la moda y el hogar abre una nueva tienda en la ciudad

    por David Augusto
    13 de Sep, 2025
    0

    Así luce ya la «compleja» obra de ingeniería sobre la AP-9 a su llegada a Vigo: un nuevo (y más amplio) viaducto

    Así luce ya la «compleja» obra de ingeniería sobre la AP-9 a su llegada a Vigo: un nuevo (y más amplio) viaducto

    por Redacción
    11 de Sep, 2025
    0

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    Una nueva pasarela de madera en Samil ya conduce a una de las playas más escondidas de Vigo

    por María Alonso
    15 de Sep, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Humanizaciones viguesas en curso
    Más Vigo

    Humanizaciones viguesas en curso

    Actualmente se están llevando a cabo importantes humanizaciones en la ciudad de Vigo. Una de ellas es la de la...

    por Julio Alonso
    16 de Sep, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina

    A asociación cultural Évame Oroza acolle mañá mércores, 17 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro "Malversaciones. Milei...

    por Redacción
    16 de Sep, 2025

    OPINIÓN

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina
    Opinión

    La Vuelta Ciclista a España que ganó Palestina

    Esta Vuelta a España la ha ganado Palestina. Sin duda. Opino que nunca se debiera haber permitido que Israel participara...

    por Julio Alonso
    16 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR