• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 12 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    Premios Egeria: da reivindicación do patrimonio inmaterial, aos ventres de alugamento, pasando pola competencia motriz

    Os galardóns a TFG e TFM con perspectiva de xénero premian a seis alumnas da UVigo. O papel das mulleres na Bauhaus e na literatura de Irlanda e Asia completan as temáticas galardoadas
    Redacción por Redacción
    19 de Ene, 2022
    en Local
    0
    Premios Egeria: da reivindicación do patrimonio inmaterial, aos ventres de alugamento, pasando pola competencia motriz

    As premiadas Elena Valcárcel Cao e Nuria Ferreiro Amoedo. / Fotos: DUVI

    O que no caso de Nuria Ferreiro Amoedo tivo a súa orixe nun desexo de preservar o patrimonio inmaterial relacionado coa etnomedicina, desde unha perspectiva interdisciplinar e personalizado nas figuras femininas de meigas, curandeiras, menciñeiras ou parteiras, para Elena Valcárcel Cao foi, foi unha consecuencia de moitos anos vinculada ao mundo do balonmán, nos que puido observar como chegada a adolescencia as mulleres abandonan a práctica deportiva, algo que non ocorre no caso dos homes. De aquí parten Convite ao avecer e Competencia motriz obxectiva e percibida en adolescentes: Un enfoque de xénero, o traballo fin de grao (TFG), o primeiro, e o traballo fin de mestrado (TFM), o segundo, que maior cualificación acadaron nas ramas de Artes e Humanidades e Ciencias Xurídicas e Sociais, respectivamente, na convocatoria 2020/2021 dos Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero no TFG e TFM que outorga a UVigo. 

    Representing the Singaporean Woman´s Stuggle Through Catherine Lim´s “The Taximan´s Story”, na rama de Artes e Humanidades, da graduada en Linguas Estranxeiras Alba Zels Garrido, e Os corpos das mulleres ao mercado do neoliberalismo: ventres de alugamento, na rama de Ciencias Socias e Xurídicas, da titulada de Traballo Social Tania Gándara Suárez, completan os TFM premiados na última convocatoria dos Egeria. Pola súa banda, Muriel Carmen Domínguez Viso, alumna do Máster en estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións, e Ana Isabel Montouto López, estudante do Máster de dirección de arte publicitaria, acadaron cadanseu premio aos mellores TFM nas ramas de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, respectivamente. Os galardóns cos que a UVigo recoñece os mellores traballos de fin de grao e de fin de mestrado do seu alumnado que inclúen a perspectiva de xénero, repartiron nesta convocatoria 3300 euros, 500 para cada un dos TFG premiados e 600 no caso dos TFM.

    Unha homenaxe ás antepasadas

    Como un recoñecemento ao seu traballo de investigación e creación, á par que unha clara posta en valor do feito de investigar con perspectiva de xénero, valora Nuria Ferreiro o premio Egeria acadado co seu TFG, no que se establecen vínculos entre disciplinas como a etnomedicina, a antropoloxía, a literatura e a arte contemporánea. Pero Convite ao avecer é tamén “unha homenaxe ás mulleres das miña familia. A miña raiceira cultural máis íntima está onde están elas e as súas verbas. A miña bisavoa Alicia practicaba dun xeito activo a medicina popular e foi unha desas persoas que tivo a valentía de atesourar a sabedoría de quen a precedeu e, sen querer ou queréndoo, conseguiu que eses saberes me chegasen”, relata a esgresada de Belas Artes, que explica que foi precisamente a súa bisavoa quen lle ensinou a súa nai a palabra ‘avecer’, que na súa honra dá nome ao seu traballo de investigación. Pero o repaso ás súas devanceiras non estaría completo sen a avoa Celia, que asistía a partos de animais “e actuou de enfermeira sen título coas persoas da aldea que llo pedían e tamén aprendeu a escribir pola súa conta. Narradoras e sabias, para min iso foro e isto son”.

     Convite ao avecer é tamén, segundo Nuria Ferreiro, “unha homenaxe ás mulleres das miña familia».

    Etnografía, antropoloxía e arte contemporánea entrelázanse no proxecto de investigación e creación de Nuria Ferreiro, que tamén aborda en Convite ao avencer ideas e figuras intrínsecas á cultura popular galega (meigas, curandeiras, menciñeiras ou parteiras) desde a perspectiva de xénero e cun fondo compromiso por investigar, recuperar e difundir todo aquilo que ao longo da historia foi negado, reprimido ou anulado. “En canto ao desenvolvemento do traballo, ao mesmo tempo que fun construíndo un corpo teórico, fun argallando unha intervención artística con distintas pezas que conformaron unha única instalación e que xorden a partir de cinco ensalmos empregados no ámbito da medicina popular”, detalla a autora, que foi quen de transformar os textos en interpretacións plásticas, empregando elementos cotiás, xunto coas verbas, e que funcionan como un nexo común entre as diferentes obras a nivel conceptual e formal.

    Diferenzas significativas por motivos de xénero tamén na competencia motriz

    Tras moitos anos vinculada ao mundo do balonmán, nos que como muller e deportista puido observar como as mulleres abandonan a práctica deportiva ao chegar á adolescencia, “mentres que no caso dos varóns isto non é significativo”, así como as diferenzas a nivel profesional e mediático, “aínda que cada vez menores”, Elena Valcárcel Cao optou para o seu TFM por investigar que impacto tiña este feito na competencia motriz das e dos adolescentes. A competencia motriz, que pode ser obxectiva (a capacidade ou habilidades reais que temos para movernos e realizar tarefas motrices), e percibida (como pensamos que somos a nivel motriz), “inflúe na creación da identidade, na autoestima e no número de interaccións en actividades físicas. Unha persoa que teña unha boa competencia motriz, sentirase máis capaz, aumentará as súa autoestima e terá máis ganas de realizar actividades físico-deportivas”, detalla a gañadora dun dos premios Egeria.

    Para Elena Valcárcel o premio Egeria “supón o recoñecemento ao esforzo e ao tempo que lle dediquei para realizar o traballo».

    95 adolescentes, cunha idade medida de 15,03, participaron no estudo, no que se empregaron probas de competencia obxectiva (AST e TGMD) e a enquisa de competencia percibida (AMCQ). Os resultados do estudo mostran que existen diferenzas significativas por motivos de xénero na competencia motriz obxectiva e na percibida, aínda que nos hábitos físico-deportivos se atoparon nunha tendencia positiva cara á igualdade. “En concreto, comprobouse que nos varóns a competencia obxectiva se asocia coa percibida, mentres que nas mulleres esta relación non existe. Polo tanto, é necesario coñecer as causas destas diverxencias para intervir a nivel educativo e social, coa finalidade de garantir o dereito de todas as persoas a esta en forma e sentirse ben”, explica a graduada en Educación Infantil no campus de Ourense. Para Elena Valcárcel o premio Egeria “supón o recoñecemento ao esforzo e ao tempo que lle dediquei para realizar o traballo. Ademais que se valore incluír a perspectiva de xénero nos TFG e TFM creo que é unha boa forma de incentiva que se continúe investigando sobre este eido, relacionándoo con outros ámbitos de estudo”.

    Resumo dos traballos premiados

    En Representing the Singaporean Woman´s Stuggle Through Catherine Lim´s “The Taximan´s Story”, TFG premiado na rama de Artes e Humanidades, da graduada en Linguas Estranxeiras Alba Zels Garrido, o obxecto de estudo é o conto The Taximan’s Story incluído na colección Little Ironies: Stories of Singapore de Catherin Lim. A historia presenta a realidade dun país que silenciou ás mulleres no pasado, poñendo en marcha políticas nas que non se ten en conta a opinión dos que se verán afectados por elas, creando persoas que pensan e actúan do mesmo xeito que o protagonista da historia e perpetuando unha sociedade desigual en base ao sexo.

    Pola súa banda, Tania Gándara Suárez en Os corpos das mulleres no mercado do neoliberalismo: ventres de alugamento, TFG premiado na rama das Ciencias Sociais de Xurídicas, analiza percepción que ten poboación nova sobre os ventres de alugamento. Os resultados obtidos na investigación na que participaron 10 persoas de entre 25 e 33 anos, evidencian que os ventres de alugamento son percibidos de forma favorable entre a xente nova, sendo 8 das 10 persoas participantes as que se posicionan a favor dalgunha das modalidades en que se pode levar a cabo a práctica. Deste xeito, o traballo conclúe que a mocidade amosa actitudes favorables cara unha práctica que vulnera os dereitos das persoas e perpetúa a desigualdade entre homes e mulleres, polo que se considera necesaria unha educación para a igualdade. 

    Verdades Persoais e o Ensaio de Non-Ficción: Vergonza, Silencio e Dor en Constellations: Reflections from Life de Sinéad Gleeson e Notes to Self: Essays de Emilie Pine, TFM do ámbito das Artes de Humanidades de Muriel Carmen Domínguez Viso, céntrase en dúas obras que cabalgan entre o xénero da memoria e o ensaio de dúas autoras irlandesas. A investigación explora de que forma Gleeson e Pine innovan o xénero da memoria e o seu potencial como instrumento feminista para dar voz a experiencias silenciadas das mulleres e a súa combinación co ensaio para teorizar estas experiencias desde unha perspectiva de xénero que as enmarca dentro dunha opresión común a todas as mulleres.

    En Mrs. Bauhaus, Ana Isabel Montouto López presenta no seu TFM premiado un produto modular composto por un álbum ilustrado, ilustracións, un videoxogo e un xogo infantil que buscan recoñecer, reivindicar e facer visible o rol fundamental que as mulleres tiveron dentro da escola de deseño Bauhaus. E é que aínda que normalmente foron os deseños masculinos os que maior transcendencia tiveron, as alumnas, moitas veces máis numerosas que os homes, tiveron un importante papel, tanto dentro da escola, como na historia da arte e o deseño. 

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025
    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina
    Local

    La UVigo aprueba el texto del convenio para la descentralización de Medicina

    23 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rebajas de Vigo
    Más Vigo

    Rebajas de Vigo

    Esta fotografía da testimonio de la aglomeración de gente que llenó las calles de Vigo durante los primeros días de...

    por Julio Alonso
    12 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR