«Parece lamentable e unha broma de mal gusto que despois dunha inversión millonaria con privatización de servizos, Vigo non teña camas e máis cando se inaugurou un hospital hai tan só uns meses», apunta Ángel Cameselle, secretario xeral da Federación de Sanidade de CCOO.
O sindicato clama contra los recortes e a situación que se vive no Álvaro Cunqueiro. «A privatización do novo hospital de Vigo e os recortes de camas, servizos e persoal son os responsables dos colapsos en urxencias e de non contar cas camas necesarias para toda a demanda», afirma.
CCOO pide a utilización de «tódalas camas, doblando as mesmas sempre que se incremente a plantilla, a máis camas e máis doentes, máis persoal para atendelos».
Explican desde o sindicato que «a falta de camas e persoal, os recortes teñen unha repercusión directa nas listas de espera record que temos, e solicitamos a optimización dos recursos. Queremos contratacións de persoal e aperturas dos quirófanos no turno de tarde para minguar as listas de espera. Rexeitamos a «autoconcertación» (peonadas) que están ofertando ao persoal fixo de quirófano».