As mobilizacións continuarán o vindeiro martes 30 cunha marcha dende a porta principal do hospital Xeral que pasará tamén, ao igual que no día de hoxe, pola Praza dos Cabalos antes de rematar diante de Urxencias.
CIG-Saúde denunciou tamén este martes a confirmación por parte da Xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo (EOXI) da «derivación de certas funcións, que ata o de agora realizaban celadoras e celadores», á empresa concesionaria.
«Desde CIG-Saúde queremos denunciar que este novo paso na privatización dos servizos sanitarios suporá, na práctica, unha fonte de conflitos entre os traballadores ao non existir unha clara delimitación das tarefas a realizar entre os celadores dependentes da Xerencia da EOXI e os traballadores dependentes da ampresa concesionaria. Na nosa área esta situación está xa a xerar conflitos en Hospitais», apuntan.
Traslado ao novo hospital
Ademáis, a EOXI informou de que o xerente solicitou unha cita co alcalde o pasado día 28 de maio e ante a falta de resposta decidiu comunicarlle este luns oficialmente o cronograma do traslado previsto ao novo hospital Álvaro Cunqueiro a partir do próximo luns.
«Se solicita a implicación da Alcaldía e dalgúns dos seus departamentos, como o da policía local ou o da área de transporte urbano. Ademais, se lle reitera a invitación a visitar as instalacións do centro cando o considere oportuno», afirman desde o Sergas.