Cun orzamento anual de 540.000 euros, actúan nas zonas de Casco Vello-Torrecedeira, Teis, Bouzas-Coia, As Travesas e O Calvario en horario de mañá e de tarde. A maior parte dos usuarios supera os 60 anos e o perfil é o dunha muller de entre 70 e 100 anos, que vive soa. Aínda que se atenden a ducias de persoas a diario, hai uns 350 usuarios asiduos.
O programa facilita a vida dos e das veciñas e ao mesmo tempo funciona como un sistema de inserción laboral para os coidadores.