• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 12 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    UNIVERSIDADE DE VIGO

    Os cinco centros da UVigo da rede Cigus recibirán 6,1 millóns de euros da Xunta

    O Diario Oficial de Galicia publica este martes a resolución definitiva coas axudas para o fortalecemento da investigación de excelencia
    Redacción por Redacción
    30 de Abr, 2024
    en Local
    0
    Os cinco centros da UVigo da rede Cigus recibirán 6,1 millóns de euros da Xunta

    Os tres centros de investigación da Universidade de Vigo que forman parte da rede Cigus acaban de renovar a súa pertenza a esta superestrutura promovida pola Xunta de Galicia e orientada ao fortalecemento da investigación de excelencia.

    Así, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación atlanTTic; o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, e Centro de Investigación Mariña, CIM, continuarán ata 2027 sendo centros Cigus.

    Ademais, Ecobas, Economics and Business Administration for Society, e Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, entran a formar parte desta rede nunha nova categoría, a de centros aspirantes.

    Deste xeito, os cinco centros da UVigo acadan para este período un financiamento global de máis de 6,1 millóns de euros.

    Así o acordou este luns o Consello da Xunta, que tamén aprobou incrementar un 31% o investimento nesta rede así como incorporar dous novos centros á máxima categoría, o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña e o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (Cretus) da Universidade de Santiago de Compostela.

    Deste xeito, a rede Cigus queda integrada por 10 centros das tres universidades que contan co selo que avala a calidade e impacto das súa investigación e que busca proxectar estes centros como referentes no ámbito científico e fortalecer o sistema de investigación universitario galego para atraer e reter o mellor talento investigador e ganar competitividade no ámbito estatal e europeo.

    A estes súmanse os tres centros que integran a nova categoría, o centro interuniversitario Ecobas e o Cintecx da UVigo, xunto co Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (Citeec) da Universidade da Coruña.

    Trece centros de investigación

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vai destinar case 23,6 millóns de euros para o financiamento destes 13 centros de investigación, o que lles vai permitir gozar de estabilidade económica para desenvolver a súa actividade ata 2027.  

    Para optar a esta acreditación, os centros debían cumprir diversos requisitos como ter financiamento na convocatoria previa do ano 2019 e superar o procedemento de avaliación final; obter unha axuda no programa estatal de Centros Severo Ochoa ou María de Maeztu, e outros referidos a súa gobernanza, estrutura, financiamento, calidade científica e transferencia de resultados establecidos na convocatoria.

    A acreditación da excelencia dos centros realizouse a partir das valoracións feitas por un comité externo en base a tres grandes dimensións: organización e goberno (estratexia, gobernanza e estrutura organizativa, xestión do talento, financiamento e infraestrutura), calidade da investigación (proxectos, produción científica, colaboración interna, recoñecementos, transferencia e internacionalización) e relevancia para a sociedade (investigación e innovación responsable, servizos e comunicación).

    De acordo con estes criterios, o financiamento para cada un dos centros da Universidade de Vigo queda como segue: o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, recibirá 1.818.666,67 euros; o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) obtén 1.774.666,67 euros e o Centro de Investigación Mariña (CIM), 1.466.666,67 euros.

    Os centros que entran na categoría de aspirante tamén recibirán financiamento, en concerto,  o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx, obtén 644.827,59 euros, mentres que Ecobas obtén 404.597,71 euros. 

    Busca da excelencia

    Nun acto celebrado este luns no campus de Vigo, o reitor, Manuel Reigosa, valorou a nova da renovación dos tres centros de investigación da UVigo que xa forman da rede e admitiu sentir “unha gran ledicia” por esta nova.

    “A busca da excelencia é algo que forma parte desta institución desde que se creou, e seguir apostando por esta excelencia supón seguir dando pasos na dirección correcta”, subliñou o reitor, quen admitiu que en ciencia e tecnoloxía as cousas necesitan certo tempo para frutificar, “pero estou seguro que estamos indo na liña correcta e a renovación dos selos de excelencia así o demostra”.

    Reigosa recalcou que para a Universidade de Vigo como institución “é un orgullo que tres dos oito centros que ata agora tiñan financiamento como centro Cigus sexan nosos” e amosouse moi satisfeito porque “outras iniciativas empecen tamén a dar os seus pasos para acadar este selo”, se ben “o primeiro é manter o que temos, que xa é moi bo”.

    A resolución definitiva publicouse este martes no DOG.

    43

    Tags: AxudasCigusinvestigaciónUVigoUVigoéXunta de Galicia

    RelacionadosArtículos

    Las 737 viviendas que Caballero tiene «en marcha» en Vigo: esta es la realidad de las parcelas municipales
    Local

    Las 737 viviendas que Caballero tiene «en marcha» en Vigo: esta es la realidad de las parcelas municipales

    11 de Feb, 2026
    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas
    Local

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas

    10 de Feb, 2026
    La «doble velocidad» en las obras de Navia: ya vislumbra el primer bloque de viviendas y otro, con cambios
    Local

    Ana Ortiz: «La realidad es muy terca, querido alcalde, pero la Xunta es la única que construye vivienda en Vigo»

    10 de Feb, 2026
    Así avanzan las obras de la grada de Gol desde el interior de Balaídos
    Local

    Caballero: «No me voy a quedar callado y se lo voy a contar al Gobierno de España»

    10 de Feb, 2026
    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España
    Local

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España

    10 de Feb, 2026
    Alarma: detectan altas concentraciones de plomo en el agua del entorno del IES Beade
    Local

    Alarma: detectan altas concentraciones de plomo en el agua del entorno del IES Beade

    06 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    El reventón de un colector de pluviales, causa del socavón en la Avenida de Madrid

    Las calles de Vigo se hunden por falta de mantenimiento y reclaman a Caballero que actúe

    por Redacción
    09 de Feb, 2026
    0

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta
    Más Vigo

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta

    En esta época invernal del 2026, con intensos fríos e inacabables borrascas, a muchas personas les viene el recuerdo de...

    por Julio Alonso
    11 de Feb, 2026

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR