A Xunta de Persoal e SOS Meixoeiro contestaron este venres rexeitando o escrito do xerente do Chuvi, Félix Ruibal, por «atentar contra a liberdade de expresión e sindical e recordándolle as reivindicacións: apertura de tódalas camas pechadas, apertura dunha Unidade de Críticos, non derivar pacientes a privada mentras haxa camas pechadas na pública e poñer en marcha un plan de choque contra as escandalosas listas de esper»a.
«En ningún momento traballadores, doentes e familiares tiveron ningún problema para traballar, ser atendidos e recibir visitas, ademais a protesta para maior tranquilidad a trasladamos o exterior do hospital», sinala Ángel Cameselle, presidente da xunta de persoal do Chuvi.
«É con diálogo como deben solucionarse os conflictos e non con cartas nin con ultimatums. Por elo recordarlle o xerente que pedimos en varias ocasións reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Diálogo e solución que prometeu o ser nominado conselleiro e que esquenceu. Mentras tanto, seguiremos ca nosa pacífica e democrática protesta», engade.
Pola súa banda, o conselleiro sinalou durante unha visita a Povisa que sempre está «dispoto ao diálogo, nunca nos negamos», pero aclarou que «non vamos a abrir camas por abrir, ningún paciente de Galicia terá ningún problema de hospitalización».