«Estamos a atender a unhas 850 persoas, na súa maioría mulleres, que reciben a profesionais en atención psicosocial e servizos domésticos como limpeza, lavandería ou comida», sinalou este venres o alcalde da cidade, Abel Caballero.
Por outra banda, a Xunta de Goberno deu o seu visto e prace á resolución para a imposición dunha multa á empresa Valoriza por incumprimentos do contrato de conservación e reposición de zonas verdes.
A sanción ten un importe de 170.578 euros por unha falta moi grave na prestación «manifestamente irregular do servizo» entre decembro de 2016 e setembro de 2017.