• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    O satélite Humsat-D da UVigo segue activo oito anos despois de ser lanzado ao espazo

    O segundo satélite da Agrupación Aeroespacial da UVigo xa orbitou 44.707 veces a Terra. Operouse un ano, ata o final da súa vida útil, e desde 2014 non se recibían transmisións
    Redacción por Redacción
    10 de Feb, 2022
    en Local
    0
    O satélite Humsat-D da UVigo segue activo oito anos despois de ser lanzado ao espazo

    O 21 de novembro de 2013, o foguete DNPER era lanzado desde o cosmódromo ruso de Yansy ao espazo, co satélite Humsat-D no seu interior. Desenvolvido ao abeiro do programa Basic Space Tecnology Initiative (BSTI) da Oficina de Espazo da ONU e co apoio da Oficina de educación da Axencia Espacial Europea (ESA) e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), Humsat-D foi deseñado, construído e operado polos integrantes da Agrupación Aeroespacial da UVigo, coordinada polos docentes e investigadores Fernando Aguado e José Antonio Vilán.

    O segundo cubesat que estudantes e docentes da UVigo lanzaban ao espazo, logo da posta en órbita de Xatcobeo o 13 de febreiro de 2012, tiña prevista unha vida útil de seis meses, pero finalmente foi operado ata o final da súa vida útil, durante case un ano. “En 2014, durante un pase de comunicacións, os enxeñeiros encargados da operación do satélite, deixaron de recibir as retransmisión de Humsat-D. Na órbita seguinte, puidemos comprobar que o satélite volvía a transmitir en modo survival, pero o día seguinte deixou de responder aos comandos e non volveu transmitir”, rememora Fernando Aguado.

    Aínda que nos seguintes dous meses, e logo de xeito puntual, se intentou operar e contactar non se recibiron novas transmisións, razón pola que consideraron que “o satélite estaba non operativo”, unha circunstancia á que tamén contribuíu o feito de que durante 2014, en xeral, e nos días previos ao último contacto, en particular, se produciu unha actividade solar moi importante que pode afectar aos satélites, “o que se considerou como posible razón da interrupción da transmisión”, explica o docente e investigador do centro atlanTTic da UVigo.

    Non obstante, sete anos e 44.707 órbitas á Terra despois da que se pensaba fora a súa derradeira transmisión, un radioafeccionado captaba hai uns días unha transmisión que resultou ser do satélite da UVigo. “Hai uns días, a través dun contacto que realizou un radioafeccionado mediante unha rede social a SpaceLab preguntando o estado de Humsat-D, puidemos confirmar que o satélite estaba activo.

    O sinal recibido é sen dúbida o de Humsat-D”, confirma Aguado, que detalla que se repite dúas balizas, unha codificada en morse, que indica que é o cubesat da UVigo, e que inclúe o voltaxe da batería, “que parece que se atopa a un bo nivel”; así como a temperatura do amplificador do sistema de comunicacións. Nestes últimos días o sinal de Humsat-D, que se atopa a unha altura de 615 quilómetros, foi recibido na estación que se atopa na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo, e tamén por parte de numerosos radioafeccionados en todo o mundo, incluída a rede de seguimento de satélites que operan na banda de radioafeccionados Satnogs. 

    “É totalmente inusual” 

    Humsat-D foi creado co obxectivo de ser o demostrador dun servizo de comunicacións punto a punto en aberto na banda de radioafeccionados, que permitiu comprobar que en pequenos satélites era posible prover un servizo coñecido hoxe como Internet das Cousas (IoT), unha tecnoloxía que, mellorada, se incluiría nos satélites Serpens e Lume da Uvigo, e, cuxa transferencia, posteriormente se realizou á spin-off Alen Space, que actualmente a comercializa a nivel mundial. 

    “Recibir transmisións oito anos despois do seu lanzamento é algo totalmente inusual neste tipo de satélites”, afirma categórico Fernando Aguado, que lembra que os fallos nas misións iniciais eran moi elevados, e entre os que funcionaban, se podía agardar unha vida media entre seis meses, con algúns casos, non habituais, de operacións durante catro ou cinco anos. “Os satélites como Humsat-D non inclúen redundancia e utilizan fundamentalmente compoñentes comerciais, e dependen tamén se se operan en máximo e mínimos solares, así como se se inclúe un shielding para minimizar a radiación”, explica Aguado, que sinala que a vida útil dos cubesats foi aumentando, respecto das primeiras misións. Tal é o caso o último satélite da UVigo, Lume, que segue a ser operado despois de dous anos e dous meses de ser lanzado, sen presentar ningún signo de degradación.

    Recuperar a telemetría para saber que pasou

    Unha vez restablecido o contacto con Humsat-D, os e as integrantes da Agrupación Aeroespacial están a traballar na recuperación, tanto do software, coma do hardware utilizado hai oito anos, xa que os novos satélites utilizan outros equipos e cómpre volver a montar unha nova estación de comando. “Esperamos poder poñela en funcionamento para, non só recibir datos de forma pasiva, senón tamén para intentar comandar o satélite e recuperar o rexistro do satélite e mensaxes de erro que, eventualmente, puideran darnos una pista do que sucedeu xustamente antes de pararse a comunicación”, explica o coordinador da Agrupación Aeroespacial da UVigo, que lembra que Humsat-D foi deseñado dunha forma moi similar a Xatcobeo, cunha mestura de subsistemas con compoñentes comerciais estándar (COTS) e outros, como o computador desenvolvido polo INTA, que incluía elementos específicos para misións espaciais protexidos para a radiación.

    “O que si axuda a ter unha vida útil máis longa é que Humsat-D se deseñou coidando ao máximo as baterías, que é o elemento máis crítico, xa que ten un número limitado de ciclos, que depende de canto se descargan en cada órbita. Lembremos que o satélite orbita aproximadamente 14 veces ao día e xa orbitou máis de 44.000 veces a Terra, e no noso caso, deseñouse para que descargara menos do 15%”, detalla Fernando Aguado, que advirte que en calquera momento podería volver a perderse o contacto con Humsat-D. En calquera caso, as simulacións apuntan a que aínda estará en órbita, funcionando ou non, durante 15 anos máis, cumprindo así coa normativa internacional que esixe que os satélites de órbita baixa re-entren na atmosfera e se destrúan en non máis de 25 anos despois de rematada a súa misión, evitando así que perdure o lixo espacial e permitindo o lanzamento de novos satélites.

    43

    Tags: UVigoUVigo SpaceLabUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR