Desde o pasado 8 de abril, data na que se abriu o prazo e a falta dos últimos días, foron presentadas xa un total de 2.277 solicitudes. Aínda poderán facerse as peticións mediante cita previa, a través da páxina web do Concello ou do teléfono 010.
O importe total das axudas é de 1.640.000 euros. No ano 2018 houbo unhas 3.000 solicitudes e o Concello concedeu 5.611 axudas a un total de 1.937 solicitantes (unhas 1.000 foron rexeitadas ao non cumprir os requisitos).