• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 26 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O pavillón das Travesas acollerá exames da ABAU, que se multiplica as súas sedes pola Covid-19

    Uns 3.000 alumnos de Vigo e a súa área metropolitana pasarán estas probas de acceso á universidade do 7 ao 9 de xullo
    Redacción por Redacción
    17 de Jun, 2020
    en Local
    0
    O pavillón das Travesas acollerá exames da ABAU, que se multiplica as súas sedes pola Covid-19

    As consecuencias da pandemia da COVID 19 obrigaron a modificar as datas  e condicións de realización dos exames da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU). A de 2020 será unha ‘selectividade’ distinta a todas as demais, unha edición marcada polas esixencias que impón a prevención do coronavirus, entre elas a multiplicación do número de lugares nos que se van celebrar as probas.

    Será do 7 ao 9 de xullo e a  previsión é que se examinen nas comisións dependentes da Universidade de Vigo 5.500 alumnos e alumnas, o que supón arredor de 1.000 estudantes máis que na anterior convocatoria. Realizarán os seus exames, ademais de nos campus, noutros dez concellos do sur de Galicia, evitando así os desprazamentos masivos e minimizando a necesidade de empregar transporte público.

    En Vigo e comarca examinaranse un total de 3.000 estudantes. Na cidade olívica farano arredor de 1.700 mozas e mozos, a metade no campus e a outra metade na cidade. No campus as sedes son a Facultade de Filoloxía e Tradución, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e o Pavillón Universitario; mentres que na cidade os estudantes repartiranse entre a EU de Estudos Empresariais (os exames  serán neste centro e na sede cidade da Escola de Enxeñaría Industrial) e o IES San Tomé Freixeiro, se ben o alumnado matriculado nesta comisión delegada realizará os exames no pavillón das Travesas.

    Outros 1.300 alumnos examinaranse en seis comisións delegadas espalladas por diferentes concellos da comarca: CEIP de Cova Terreña de Baiona para estudantes procedentes deste municipio xunto con Nigrán e Gondomar; IES de Rodeira para o alumnado procedente de Cangas e Moaña; IES Val do Tea de Ponteareas, para o alumnado procedente deste concello, Salvaterra de Miño, A Cañiza e As Neves; IES Pino Manso para o alumnado de Porriño e Mos; IES Mendiño para Redondela e Soutomaior, e IES Indalecio Pérez Tizón para o alumnado de Tui, A Guarda e Tomiño. O máis probable nestes casos será que os exames se realicen nos correspondentes pavillóns municipais, se ben en casos como Ponteareas tamén é posible que se realicen en aulas grandes dos propios institutos.

    “Historicamente os exames tiñan lugar nos tres campus universitarios e na comisión de A Rúa. Este ano decidiuse descentralizar algunhas comisións para evitar aglomeracións e traslados”, explica Luis Muñoz, delegado do reitor da Universidade de Vigo na CiUG e actual presidente deste organismo encargado da organización das probas. Para realizar os exames considerouse a utilización de espazos amplos con boa ventilación, onde se poida manter o distanciamento coa flexibilidade necesaria para un número variable de alumnos. Ademais deben ter boa accesibilidade para entrar e saír, preferentemente con mesas e cadeiras individuais. “Estas condicións so se dan en aulas grandes, bibliotecas, comedores e en instalacións como pavillóns polideportivos ou recintos feirais, o que obrigou a pedir a colaboración de centros de ensino non universitario e dos concellos para poder utilizar as instalacións das que dispoñen”, engade Muñoz, ao tempo que fixo fincapé en que cando se dirixiron tanto aos responsables dos centros educativos como dos concellos a acollida foi “excelente” e todos colaboraron dentro das súas posibilidades para establecer a comisión delegada e facilitar o seu funcionamento.

    Medidas extraordinarias de seguridade
    Ademais das medidas de limpeza e desinfección dos espazos e material establecidas nas normativas publicadas na web da CiUG, estableceuse tamén un protocolo de actuación que indica que os alumnos terán que levar obrigatoriamente máscara de protección e que terán limitado o número de obxectos que poden levar consigo a unha mochila da que non se poderán separar. “Ademais, estarán moito máis espazados que en condicións normais en mesas etiquetadas para seren usadas unicamente por cada alumno e que quedarán baleiras se dito alumno non ten que facer o exame”, explica Muñoz.

    En espazos grandes o alumnado sectorizarase mediante corredores e deseñaranse para cada sector vías específicas de entrada e saída. Por outra banda, tamén se modificou o calendario de exames para que os catro exames da fase común se fagan ao principio do primeiro e segundo día e so teñan que volver a facer exames no resto do día aqueles que teñen que examinarse de materias da fase específica. “A idea xeral coa que estamos a traballar é que, na medida do posible, o alumnado chegue, faga o exame e volva ao seu domicilio sen entrar en contacto con ninguén”, explica o delegado da CiUG, quen tamén recalca que os presidentes e secretarios das comisións delegadas entenderon perfectamente o extraordinario da situación e fixeron un esforzo adicional para organizar todo o relativo ás súas sedes e lugares de exames xa que hai que custodiar todos o material, procesar os exames unha vez feitos, manter as medidas hixiénicas e de seguridade, etc.

    43

    Tags: ABAUCovid-19Pabellón de As Travesas

    RelacionadosArtículos

    A xeración «covid» mídese á Revolución Gloriosa
    Actualidad

    Adiós ABAU, bienvenida PAU

    31 de Ago, 2024
    Una estudiante del área de Vigo firma la mejor nota de la selectividad
    O Porriño

    Una estudiante del área de Vigo firma la mejor nota de la selectividad

    03 de Jul, 2024
    selectividad vigo
    Local

    ABAU 24 en Vigo: La guía definitiva para saber tus notas y cómo reclamar

    11 de Jun, 2024
    Acaba la selectividad en Galicia con un alumno expulsado en Vigo
    Local

    Acaba la selectividad en Galicia con un alumno expulsado en Vigo

    06 de Jun, 2024
    Los jóvenes vigueses, los españoles más indecisos
    Local

    Los jóvenes vigueses, los españoles más indecisos

    03 de Jun, 2024
    Más de 13.000 estudiantes, casi 3.000 en Vigo, se enfrentan a la última ABAU con modelo covid
    Local

    Más de 13.000 estudiantes, casi 3.000 en Vigo, se enfrentan a la última ABAU con modelo covid

    02 de Jun, 2024

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    El primer ‘glamping resort’ de Vigo pisa el acelerador y ya fija un objetivo para su apertura

    El primer ‘glamping resort’ de Vigo pisa el acelerador y ya fija un objetivo para su apertura

    por María Alonso
    24 de Nov, 2025
    0

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    De zona de esparcimiento vecinal al lado de Castrelos, a parque «desaparecido» tras la maleza y el «abandono»

    por Redacción
    22 de Nov, 2025
    0

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    Un joven motorista, hijo de un concejal de Cangas, muere en un accidente de tráfico

    por Redacción
    20 de Nov, 2025
    0

    Vigo revalida el liderato de los supermercados más baratos de España

    Un histórico hipermercado levanta su persiana tras una remodelación completa

    por Redacción
    25 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El éxito de la Navidad de Vigo
    Más Vigo

    El éxito de la Navidad de Vigo

    La Navidad de Vigo sigue siendo un éxito indiscutible, aunque controvertido en la propia ciudad olívica, donde hay defensores y...

    por Julio Alonso
    25 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo
    Libros

    Carlos Segovia presenta en Vigo su último libro, Necrocromo

    El pasado viernes 21 tuvo lugar en Vigo la presentación de Necrocromo, el último libro de Carlos Segovia, escritor, pianista...

    por Gabriel Romero de Ávila
    23 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Alameda - Plaza de Compostela - 3
    Opinión

    Alameda de Vigo, ¿BIC?

    Por Ramón Boga El menguante patrimonio histórico de Vigo es el testigo de la contribución de nuestros ancestros a la...

    por Cartas al Director
    20 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR