O Goberno local adxudicou as obras de ampliación e reestruturación do parque de Maruja Mallo, cun importe de 400.000 euros e un prazo de execución de dos meses. Este espazo de ocio infantil terá tres zonas diferenciadas por idades: unha común, unha para menores de 5 anos e outra a partir de seis anos. A mesma Xunta de Goberno autorizou tamén a clasificación de ofertas do parque infantil de Bouzas, que conta cun orzamento de 200.000 euros e un prazo de execución de 45 días. Ademais de duplicar a área de xogo, o parque incluirá columpios triples, carruseis, paneis lúdicos e tiroliñas, entre outros elementos.
Humanizacións
Tamén recibiu luz verde o proxecto de renovación do aglomerado na Avenida Arquitecto Antonio Palacios, cun orzamento de 703.637 euros, que se executará en maio, no mesmo mes no tamén se vai executar a renovación da capa de rodaxe do túnel de Beiramar, dotado de 365.000 euros.
O alcalde tamén deu conta de actuacións que afectarán ao tráfico na Avenida Castelao, Areal, Luís Taboada e Carral e Urzáiz -entre Gran Vía e Colón -. Tamén hai previstas humanizacións en Candeán, Teis, Valladares, Oia, Saiáns, Comesaña, Bembrive, Sárdoma, Coruxo, Alcabre, Matamá, Beade, Cabral e Lavadores.