O Concello investirá 27 millóns de euros en humanizacións nos próximos meses, segundo explicou o rexedor durante unha visita á segunda fase das obras de García Barbón. Tal e como detallou, xa se está traballando na tramitación dos proxectos de mellora da rúa Ferreiros, da cuarta fase da rúa Aragón, de Doutor Corbal, da segunda fase de Gregorio Espino, da Avenida Castelao, de Estorniño, da Avenida das Camelias, de Álvaro Cunqueiro e da Vía Norte.
Abel Caballero, así mesmo, deu conta do avance das obras de García Barbón, cun orzamento superior aos 2 millóns, que inclúen a renovación das canalizacións de saneamento, abastecemento e pluviais, 24 novas luminarias led, rego, substitución de 1.200 metros de pavimentación, renovación de semáforos e de toda a parte eléctrica. En declaracións aos medios, engadiu que ademais de manter o arborado actual, vanse plantar tres novas camelias e dous laranxeiras.
Cunha primeira fase da rúa xa humanizada, Caballero insistiu na vocación do goberno local de seguir a desenvolver obra pública porque é sinónimo de xeración de emprego, algo fundamental sobre todo en época de crise económica. Neste senso, insistiu en que a maior obra civil que nestes momentos estase a acometer en Galicia é a remodelación de Balaídos.
LISTAXE DE OBRAS:
Comezan obras de humanización:
Ferreiros
Aragón (Fase 4)
Doctor Corbal
Gregorio Espino
O próximo mes:
Castelao, entre Redondela e Porriño
Vía Norte, entre Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Hernández
Estorniño, entre Gregorio Espino e Xílgaro
Álvaro Cunqueiro
En novembro:
Rosalía de Castro
Llorente
Asfaltado en parroquias (Concello):
Bembrive: Cruz y Xestoso
Lavadores: Barreiro, Brea, Pardavila, Pepe Castro y Roteas Baixo
Cabral: Ameal, Bosque, Cernades, Fontiñas, Patas y Riomao
Candeán: Monte Pequeno y Solombo
Teis: Amieiro, Bailén, Devesa Santa Tegra, Paraixal, Poulo y Santa Tegra
Saiáns: Cal do Outeiro
Oia: Currás, Hermida, Pedreira y Verdella
Coruxo: Calzada
Navia: Bravo, Cerqueiro y Pereiras
Alcabre: Millareira
Comesaña: Rial
Valladares: Gándara, Garrida, Nancales y Pomba
Matamá: Balsa
Beade: Brea, Lago y Vaca Morta
Castrelos: Coutadas y Telleira
Sárdoma: Carballo, Finca dona Concha, Louxada, Marco y Pescadeira
Bouzas: Casiano Martínez
Calvario: Martínez Garrido
Coia: Ramón Soler
Asfaltado de vías (Deputación):
Sárdoma: Estrada Miraflores
Castrelos: Campo Viloura
Candeán: Camiño Monte Vixiador
Teis: Avenida Dona Fermina
Alcabre: Camiño Forte e Camiño Cruceiro
Coruxo: Camiño Viño
Matamá: Roupeiro e Estrada Beirán
Zamáns: Estrada Marcosende
Bembrive: Arieiro
Zona de Bouzas: Covadonga e Eduardo Cabello
Zona do Castro: Arines, Couto e Marqués de Alcedo
Zona Praza América: calle Pastora