O percorrido que realizán as comparsas será o habitual. Terá saída desde Isaac Peral e chegada á Porta do Sol. O desfile partirá ás 18.00 horas. As solicitudes de inscrición están dispoñibles na oficina de Información do Concello de Vigo e na web municipal (www.vigo.org).
O Concello tamén validou as bases e a convocatoria do concurso de disfraces, que se celebrará o luns 12 e o martes 13 de febreiro. Neste caso, os interesados poden inscribirse no mesmo día na lonxa do Concello unha hora antes do comezo do evento.
En primeiro lugar, desenvolverase o concurso das categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado (ata 13 anos). Este desenvolverase o día 12 entre as 18.00 e as 20.00 horas na Lonxa do Concello de Vigo.
Ao día seguinte será a quenda das categorías individual xeral e grupo xeral conxuntado (a partir de 14 anos), que se celebrará entre as 18.30 e as 20.30 horas no mesmo emprazamento.