• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 12 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O curso 2022-2023 bota a andar na UVigo con preto do 100% de ocupación nas prazas de novo ingreso

    A institución estrea os títulos de Intelixencia Artificial e Relacións Internacionais e catro novos mestrados
    Redacción por Redacción
    05 de Sep, 2022
    en Local
    0
    O curso 2022-2023 bota a andar na UVigo con preto do 100% de ocupación nas prazas de novo ingreso

    As xornadas de benvida congregaron numeroso alumnado no campus pontevedrés. Foto: Uvigo.

    Co obxectivo de recuperar a máxima normalidade tras dous cursos marcados pola pandemia, a Universidade de Vigo deu este luns a benvida ao curso 2022-2023, marcado na institución académica pola estrea de dous novos graos de carácter interuniversitario, Intelixencia Artificial e Relacións Internacionais, ambos no campus de Ourense.

    Alén das presentacións que as diferentes facultades e escolas promoven nestes días para o seu alumnado de novo ingreso, Pontevedra acolleu este luns a primeira das tres xornadas de benvida que a institución académica organiza nos tres campus e que teñen como obxectivo achegar ao estudantado que inicia a súa etapa universitaria información sobre os diferentes servizos que a UVigo pon ao seu dispor.

    “O curso arranca moi ben, con moita máis tranquilidade que nos anteriores”, salientou o reitor, Manuel Reigosa, tras a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Vigo. O reitor lembrou que a que Universidade superou “moi ben” uns cursos marcados pola pandemia, mais tamén que a covid-19 “obrigou a tomar moitísimas medidas. Nesta ocasión será un curso moito máis normal e máis achegado á presencialidade absoluta”, engadiu Reigosa, que lembrou que “o ano pasado xa tivemos cifras de presencialidade elevadísimas”, de tal xeito que o propósito e que este sexa un curso «moito máis agradable, tanto para o alumnado como para o profesorado”.

    Nesa mesma liña pronunciábase tamén, no marco da xornada de benvida desenvolvida en Pontevedra, a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, que destacaba o positivo de comezar o curso “con total normalidade”. Nese senso, co obxectivo de “informar aos centros das recomendacións que se poidan facer”, como apunta a vicerreitora, convocouse para este mércores un Consello de Goberno extraordinario dirixido a abordar as medidas preventivas ante a covid-19 para este curso.

    En resposta ás preguntas dos medios, Reigosa amosouse “moi satisfeito” dos “bos” datos que a Universidade está rexistrar en materia de matriculación, á espera do peche dos diferentes prazos. “Sabemos que durante a pandemia houbo un repuntamento extraordinario por toda a xente que quedou en Galicia, pero neste caso os datos, se ben aínda non están completos porque aínda queda un chamamento por pechar, amosan unha situación moi positiva nos tres campus”, destacou o reitor, que sinalou que a UVigo atópase xa “preto do 100% de ocupación” nas súas prazas de novo ingreso. “Isto quere dicir que a Universidade de Vigo segue a ser atractiva para o alumnado, un dos nosos máximos obxectivos”, concluíu.

    Con 11.759 prazas de novo ingreso nas titulacións de grao, 209 máis que o ano pasado, a principal novidade na oferta académica da Universidade é a posta en marcha de dous novos graos, ambos de carácter interuniversitario e ambos con sede en Ourense. Trátase do Grao en Intelixencia Artificial, que se imparte na Escola Superior de Enxeñaría Informática e para o que se ofertaron 50 prazas, e o Grao en Relacións Internacionais, con 22 prazas en Ourense e adscrito á nova Facultade de Relacións Internacionais. «Estamos encantados coa implantación destas novas titulacións», salienta a vicerreitora do campus de Ourense, Elena Rivo, que sinala que se ben a oferta académica do campus ourensán xa «era ampla», agora «vese fortalecida» por dúas «titulacións punteiras que están en consonancia coas liñas de futuro que lle interesan ás empresas e á contorna socioeconómica en xeral». Intelixencia Artificial, ademais, «apuntala a candidatura de Ourense para acoller a Axencia Estatal de Intelixencia Artificial», engadiu Rivo, que quixo tamén «agradecer o esforzo feito polos centros, o persoal docente e investigador e o persoal de administración e servizos na posta en marcha destas novas titulacións».

    Respecto da acollida dos novos graos, o vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, Alfonso Lago, destaca que, “tendo en conta que ata última hora” non puido confirmarse a súa implantación no presente curso, “os números son moi bos”. Non en van, Relacións Internacionais pechou a súa matriculación no primeiro prazo aberto pola CIUG cunha nota de corte de 10,02 e ten unha taxa de ocupación de preto do 132%, mentres que esta é do 106% en Intelixencia Artificial, que cubriu a súas prazas no terceiro prazo de matrícula, cunha nota de corte de 8.85.

    A estes graos, súmase a posta en marcha de catro novos mestrados. Concretamente, a UVigo estrea dous títulos en exclusiva, o Máster en Enxeñaría Biomédica, adscrito á Escola de Enxeñaría Industrial, e o Máster en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia, ambos con 20 prazas. A estes súmanse os mestrados interuniversitarios en Intelixencia Artificial, para o que as tres universidades galegas ofertan 60 prazas, e en Desafíos das Cidades, que UVigo, USC e UDC poñen en marcha xunto coas universidades portuguesas de Trás-os-Montes e Alto Douro, Minho e Porto.

    Por outra banda, o curso 2022-2023 vén tamén marcado pola posta en marcha de tres novas facultades, a de Relacións Internacionais en Ourense e as de Dirección e Xestión Pública e Deseño en Pontevedra. “No mes de agosto saíu publicada no DOG a creación das tres facultades que xa arrancan este curso”, apunta Lago, que explica que “todas as titulacións asociadas a estes centros modificarán as súas memorias para mudar o centro de impartición a estas novas facultades”. No caso do centro do campus ourensán, nel impártese o novo Grao en Relacións Internacionais, mentres que a Dirección e Xestión Pública adscríbense o Grao en Dirección e Xestión Pública e o Máster en Dirección Pública e Liderado Institucional. Á Facultade de Deseño, pola súa banda, prevé iniciar o vindeiro curso o novo Grao en Deseño e a el adscribirase tamén o Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda, que actualmente se imparte en Belas Artes.

    Despois de que a pandemia impedise levalas a cabo nos últimos dous anos, a Universidade recuperou neste curso as xornadas de benvida, dirixidas a ofrecer ao alumnado información dos seus diferentes servizos, nun encontro que se completa con música, xogos, refrescos e agasallos. “Cada centro fai o seu acto de benvida, onde lles informan de cuestións propias dos seus títulos e facultades, e aquí o que queríamos era que coñecesen o resto de servizos que ofrece á Universidade”, explicou Caparrini na primeira destas xornadas, que tivo lugar en Pontevedra. “O outro obxectivo é que todos se reúnan nun mesmo espazo e que interactúen entre eles”, engadiu a vicerreitora dunha actividade dirixida a “dinamizar os campus” e achegar o novo alumnado á “dinámica da Universidade”.

     “Afrontamos o curso con moita ilusión e con ganas de que sexa en maior medida un curso máis parecido aos de antes da pandemia”, engadía a vicerreitora do campus pontevedrés, Eva Lantarón, que participou tamén na xornada de benvida dun curso que no caso de Pontevedra ten como principal novidade a posta en marcha, lembrou, do novo Máster en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia.

    As e os numerosos estudantes que, pese a chuvia, se achegaron polo acceso á Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte puideron obter información sobre bolsas e axudas, aloxamento, mobilidade, emprego, cultura, voluntariado ou atención á diversidade, ademais de coñecer de primeira man o que lles ofrecen servizos como a Área de Benestar, Saúde e Deporte, a Unidade de Igualdade, a Área de Normalización Lingüística ou a Oficina de Relacións Internacionais, así como coñecer o labor de colectivos como UVigo Space Lab ou a asociación de alumnado sénior Asaexs. “Permítenos situarnos mellor”, salientaban desta actividade Andrea Jiménez, Erika Iglesias, Naia Martínez e Rosalía Fontenla, que vivían o seu primeiro día como alumnas do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, que afrontaban “cun pouco de medo”, recoñecen, “a ver que nos atopamos e coa incerteza de saber se realmente nos gustará a carreira”. Novos alumnos do Grao en Educación Primaria, ata estas Xornadas de benvida achegáronse tamén Andrea Señoráns e Sergio Esperón, que destacan como “moi positiva” unha iniciativa que lles permite coñecer mellor o campus antes de asistir á presentación da súa titulación e que se completou coa música da Aula Permanente de Música Tradicional do campus e de La Duendeneta.

    As xornadas de benvida continúan mañá martes, no campus de Ourense, na praza do Monumento Nós, e complétase o mércores na praza Miralles do campus vigués, desenvolvéndose en ambos casos entre as 10.00 e as 14.00 horas.

    A matriculación continúa

    Máis aló deste arranque oficial do curso, tanto as titulacións de grao como de posgrao teñen aínda por diante prazos de matrícula. No referido aos graos, ata mañá martes permanece aberto o período de matrícula do sexto chamamento realizado pola CIUG para o alumnado de novo ingreso nas tres universidades galegas, tras o que a UVigo publicará unha convocatoria extraordinaria para as titulacións con vacantes. Por outra banda, a matricula de continuación de estudos permanece aberta ata o 12 de setembro.

    No caso dos mestrados, tras a preinscrición aberta en agosto, do 16 ao 19 de setembro terá lugar o segundo período prazo de matrícula para as titulacións con prazas vacantes, que será o primeiro no caso dos de modalidade alternativa. No caso de existir vacantes, a este sumaríase, como lembra o vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, “un terceiro prazo por solicitude expresa da comisión académica do máster”, xunto coas “posibles matrículas condicionadas, que se poñen en marcha por primeira vez neste curso académico, de acordo co procedemento aprobado o 28 de xullo no Consello de Goberno”, que permite acceder aos másters sen ter rematado o grao, sempre que se cumpran un conxunto de condicións. Para a continuación de estudos de máster, o prazo de matrícula permanece aberto ata o 16 de setembro.

    No referido ao doutoramento, ata o 9 de setembro permanece aberto o período de preinscrición, debendo formalizarse a matrícula entre o 1 e o 7 de outubro. A este prazo sumaráselle un segundo en febreiro, mentres que o alumnado que continúa estudos pode realizar a renovación de matrícula ata o 10 de outubro.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo aprueba su OPE 2025 con 72 nuevas plazas de personal docente e investigador y 12 de gestión
    Local

    La UVigo aprueba su OPE 2025 con 72 nuevas plazas de personal docente e investigador y 12 de gestión

    10 de Oct, 2025
    Se ponen en marcha sesiones de acompañamiento psicológico a estudiantes de la UVigo dentro de un plan piloto
    Local

    Se ponen en marcha sesiones de acompañamiento psicológico a estudiantes de la UVigo dentro de un plan piloto

    09 de Oct, 2025
    Sanidade y UVigo prorrogan su convenio para potenciar la investigación a través del Instituto Galicia Sur
    Local

    Sanidade y UVigo prorrogan su convenio para potenciar la investigación a través del Instituto Galicia Sur

    07 de Oct, 2025
    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’
    Local

    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’

    06 de Oct, 2025
    Galicia logra avances favorables frente a los incendios: cuatro estabilizados
    Local

    La Universidade de Vigo participa en un proyecto pionero para la detección satelital de incendios

    02 de Oct, 2025
    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre  comunidades energéticas rurales
    Local

    Especialistas de 20 países debaten en Vigo sobre comunidades energéticas rurales

    01 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    por María Alonso
    08 de Oct, 2025
    0

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    por Redacción
    09 de Oct, 2025
    0

    Un emblemático edificio de Vigo (con proyecto bloqueado), reconvertido en plató de Netflix

    Un emblemático edificio de Vigo (con proyecto bloqueado), reconvertido en plató de Netflix

    por Redacción
    07 de Oct, 2025
    0

    Una rotonda a la altura del Alcampo, que se pone a prueba hoy, dará acceso a la Avenida de Madrid

    Una rotonda a la altura del Alcampo, que se pone a prueba hoy, dará acceso a la Avenida de Madrid

    por Redacción
    09 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Amor a los pájaros
    Más Vigo

    Amor a los pájaros

    En el vigués barrio de Coia, en una parte del paseo de la Avenida de Castelao, pueden observarse numerosas casetas...

    por Julio Alonso
    11 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada
    Libros

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada

    O relato Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é o gañador da duodécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado...

    por Redacción
    08 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Cómo dejar de vivir en piloto automático: claves para salir del mismo
    Opinión

    Cómo dejar de vivir en piloto automático: claves para salir del mismo

    Todos en alguna ocasión —o muchas— nos hemos sorprendido llegando a casa, al trabajo o a cualquier otro lugar sin...

    por Cristina Lorenzo
    11 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR