O Consello Municipal da Muller celebrou este mércores un pleno específico con motivo da conmemoración do «8 de marzo, Día Internacional das Mulleres» coa participación de varios dos colectivos que forman parte do consello.
O alcalde, Abel Caballero, deu a benvida a todas as participantes no pleno e destacou a necesidade de mobilizarse para acadar o principio de igualdade e romper con problemas como a brecha salarial. «Apoio total ao paro e a folga», sinalou o rexedor.
Posteriormente, cada unha das asociacións e colectivos deu lectura a textos de mulleres que supuxeron un avance na loita feminista para acadar os mesmos dereitos que os homes: Asociación de Mulleres Dorna (Chimamanda Ngozi Adichie), Secretaría da Muller da CIG (María Reimondez), Mulheres Nacionalistas Galegas (Nuria Varela), Secretaría da Muller de UXT (Betty Friedan), Mulleres en Igualdade (Concepción Arenal), Secretaría da Muller de CCOO (Cristina de Pizan), Viúvas Demócratas de Vigo (Rosa Montero), Rede de Mulleres Contra o Malos Tratos (Rosalía de Castro) e Escola de Mulleres Solidarias (María de Maetzu). A concelleira Uxía Blanco foi a encargada de pechar o pleno.