Así, o sábado e o domingo, días 30 y 31 de marzo, o C1 Circular Centro ampliará o seu servizo cunha frecuencia máxima de 10 minutos. Tamén haberá un servizo especial o domingo cunha frecuencia media 30 minutos. O percorrido será: Teixugueiras, Porriño, Baiona, Redondela, Castelao, Camelias, Paseo de Alfonso, Porta do Sol, Policarpo Sanz, Colón, Urzáiz, Travesía de Vigo, 193 (Rotonda Aragón). Ademais, tamén estará en funcionamento o Bus Turístico do 28 ao 31 de marzo.
O Concello anunciou este reforzo o día no que o estudantado da cidade festexou a Reconquistiña 2019, que foi celebrada na Praza do Berbés coa participación de 650 nenas e nenos de doce centros escolares de Vigo.
?Sube ao noso Bus Turístico ?? para coñecer a cidade de #Vigo durante a ponte da Reconquista! Non perdas esta oportunidade, dende o 28 ao 31 de #Marzo2019. Consulta o servizo na nosa páxina web: https://t.co/hgucqFgmIY #ReconquistadeVigo #Vigo #VitrasaVigo #BusTuristico pic.twitter.com/TPi6fGPqmN
— Vitrasa Vigo (@VitrasaVigo) 26 de marzo de 2019