O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que a demarcación de estradas do Estado, dependente do Ministerio de Fomento, emitiu un informe desfavorable respecto ao proxecto, no que sinala que o ámbito está afectado pola autovía A-55, xunto á cal se instalará a superficie comercial.
“A decisión pon de manifesto que a este Goberno si lle importa moito a autovía”, destacou o rexedor antes de explicar a organización do novo acceso coa A-55 debe ser modificar tras cambiar a normativa de estradas.
Así, o Concello levará a cabo a modificación urbanística de forma inmediata. “Estamos na posibilidade de modificar a ordenación do plan de 2008 para facer posible a ordenación na nova normativa de estradas e estamos no momento no que os titulares do ámbito teñen que iniciar unha nova tramitación”, sinalou Caballero.
O alcalde incidiu en que o proceso “irá moi rápido” e podería estar listo “en poucos meses”.