Esta tramitación está pendente nestes momentos dun informe de Demarcación de Estradas do Estado, que se prevé positivo. A partir dese momento, procederase á aprobación inicial da ordenación o que daría vía libre á normalización do inmoble.
En declaracións aos medios, o rexedor explicou que o Plan Xeral do 2008 anulado polo Tribunal Supremo recollía que as circunstancias da zona cambiaron e o edificio se adapta ao entorno, una xustificación aceptada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que non chegou a materializarse en firme xa que estaba supeditada a unhas obras que os propietarios demoraron polo que a licenza non chegou a ser definitiva.
Esta situación desembocou no auto que vén de recibir o Concello e que da seis meses de prazo para o desaloxo do inmoble -para cortar luz e auga- e un ano para derrubar. local presentará recurso de reposición ao auto do TSXG.
Caballero lembrou que a situación do Piricoto deriva dunha sentenza do ano 1994, que anula unha licenza outorgada en 1991, é dicir, un conflito urbanístico con 25 anos de historia na cidade.