Abel Caballero recordou que o Consorcio funciona «por unanimidades» e, polo tanto, a posición do Concello de Vigo é «determinante» tamén para a decisión adoptada este xoves de ceder de balde á Xunta de Galicia o edificio número 5 do Berbés para a construción dun albergue de peregrinos.
O goberno de Vigo comunicou na cita deste xoves que solicitará ao ente que aplique «a mesma norma e o mesmo criterio» aplicado para a Xunta de Galicia, explicou o rexedor, e ceda de balde os terreos do Consorcio no entorno da Panificadora, anexos á Praza do Rei.
O Concello reclamará a cesión de balde durante 99 anos destas parcelas para incorporalas á recuperación que promove para a Panificadora, pois «a nosa vocación de rehabilitar a Panificadora é imparable», concluíu Caballero.