O expediente de contratación das obras recibiu o visto e prace da Xunta de Goberno Local para cambiar o adoquinado actual por aglomerado, firme máis flexible que, polo tanto, produce menos ruído. O desexo do alcalde de Vigo, Abel Caballero, é que a praza e o seu entorno sexan unha zona «semipeonil» para «dar prioridade aos peóns» e que «se poida cruzar por onde se queira».
O rexedor apuntou onte que o investimento busca tamén reparar as deficiencias que presentaba a rúa e completar unha reforma que deixe atrás os problemas existentes, que provocaron moitas protestas entre a veciñanza.
Neste sentido, criticou o deseño actual da zona e responsabilizou del ao Partido Popular de Vigo, que gobernaba con Corina Porro á fronte na época na que se mudou totalmente o aspecto na Alameda e a súa contorna. «Unha humanización ten que durar medio século», sentenciou Caballero.
A pretensión é que a praza será máis permeable, teña pasos de peóns máis anchos e, por último, conte con novos puntos de luz, recolocando os farois actuais e instalando iluminación embutida tanto nos pavimentos como nos alcorques das árbores.