Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou tamén a prórroga do programa de Dinamización Infantil cun importe de 127.000 euros. Trátase dos servizos que prestan as ludotecas da Casa da Xuventude e Coia, con obradoiros, actividades de excursión ou saídas didácticas e actividades de animación ou festas, ademais de horas de prestación do servizo sen custe para o Concello.
“O funcionamento é moi bo, fai un bo traballo para potenciar a actividade laboral das mamás e ten unha enorme aceptación”, destacou este venres o alcalde de Vigo, Caballero.