O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra publica este xoves as listas definitivas de admitidos e excluídos e as datas dos primeiros exames da segunda fase da oferta de emprego de 2010-2011, 26 postos (dos que sete son de promoción interna) para a administración xeral e bombeiros, coas probas programadas para o próximo mes de outubro, do 3 ao 22 do nomeado mes.
Á mesma segunda fase da OEP 2010-2011 corresponden outras 23 prazas para a Policía Local. Segundo avanzou o rexedor, o goberno local abrirá un novo prazo de admisión de solicitudes coa supresión do límite de idade e da obrigatoriedade de dispor do carné de conducir vehículos de emerxencias.
Abel Caballero tamén informou dos pasos que está a dar o Concello coas ofertas correspondentes aos anos 2013, 2014 e 2015. Aquí, a administración que preside conta con 79 vacantes (das que 22 son de quenda libre e 57 de promoción interna). Paralelamente, informou o alcalde, se avanza nunha oferta de emprego de 2016 con 58 prazas -31 de quenda libre e 27 de promoción interna-, cuxas bases poderían estar validadas a comezos do próximo 2017.