A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou o pasado xoves a clasificación de ofertas para a contratación do subministro na súa modalidade de adquisición para a mellora de eficiencia enerxética na renovación de elementos de iluminación viaria.
Segundo informou Abel Caballero en rolda de prensa, o importe total da actuación ascende a 650.000 euros e ten un plazo de execución de tres meses co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e renovar elementos de iluminación viaria como columnas, luminarias, cadros de mando e material eléctrico.
«O destino principal do novo material serán as parroquias do rural, polo que nos vindeiros meses imos a renovar a iluminación viaria», apuntou o alcalde.