Abel Caballero anunciou a aprobación na Xunta de Goberno Local dos proxectos de construción das dúas pistas que teñen unha «enorme demanda na cidade» e que mellorarán a práctica deportiva nestas instalacións.
O alcalde explicou este venres que a construción do parque de skateboard de Barreiro, na parroquia de Lavadores, supoñerá a demolición do actual e a construción a ceo aberto dunha pista con curvas de competición, con base de formigón armado e con varandas para a práctica deste deporte.
No caso da pista de San Paio de Navia, Caballero sinalou que ten «unha enorme demanda» na cidade e que se converterá na «grande pista, no «Marisquiño permanente», sendo unha instalación estable durante todo o ano para a alta competición. Amais salientou a idoneidade da súa situación, nun barrio ben comunicado, con poboación nova, nun entorno afastado das edificacións e que, polo tanto, non ocasionará problemas de contaminación acústica. O proxecto do espazo contempla tamén a súa adecuación con bancos e papeleiras.