O goberno vigués remitirao á Xunta de Galicia para que sexa publicado e inicie o período de consultas. O proxecto para o Barrio do Cura debería estar completado nun prazo de catro anos e contempla a continuación da rúa Torrecedeira e un investimento da urbanización das zonas públicas superior aos 19 millóns de euros, máis de 5.000 metros cadrados de parque e outro tanto de praza pública, 1.200 prazas de aparcamento, unha escola infantil e un centro sociocultural. O Concello agarda así abordar a recuperación dunha zona historicamente degradada no centro da cidade.
En segundo lugar, tamén se aprobará inicialmente este xoves a modificación puntual do PEPRI do Casco Vello na zona da Panificadora, unha aprobación inicial que dará paso á información pública e á redacción dos informes sectoriais. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosouse convencido de que non haberá obstáculos en ningún dos dous trámites.
O rexedor estimou que a aprobación definitiva poderá estar nun prazo de catro a seis meses, prazo despois do que será posible iniciar as expropiacións e a rehabilitación desta icona da arquitectura industrial viguesa. “A partir deste xoves a rehabilitación da Panificadora xa non será un proxecto senón unha realidade”, aseverou.
Artigos relacionados:
El Barrio do Cura estará derribado casi por completo en un año
La promotora inmobiliaria Gestilar muestra un «firme interés» por desarrollar el Barrio do Cura