O alcalde vigués, Abel Caballero, apuntou que, por poboación, «hai catro veces máis usuarios do Imserso» na área de influencia olívica polo que «terán que poñer» os autocares desde Vigo e Pontevedra.
O rexedor tamén sinalou que a situación pode complicarse á volta porque coa «posibilidade de que o avión chegue tarde a Santiago» e cando regresen a Pontevedra xa non queden autobuses para volver a Vigo, tendo que coller un taxi.
Ademais, criticou que as actuais condicións de transporte son «rutinas daniñas para a cidade» polo que enviará unha carta ao director do Imserso esixíndolle «responsabilidades ante o maltrato aos pensionistas vigueses”. “Non quedaremos cruzados de brazos», engadiu.