O rexedor explicou que se destinarán á creación de 7 postos de traballo para mulleres vítimas da violencia de xénero por un período de 12 meses. Ademais, dentro do programa municipal propio de violencia machista o goberno municipal contratará a 13 mulleres, 5 auxiliares e 8 ordenanzas, que xa están traballando agora dentro do programa do ano 2018 «e desempeñando o seu posto de forma extraordinaria».
Así, o Concello emprega neste 2019 a 20 mulleres vítimas de violencia de xénero como «gran medida de inclusión», dedicando case 1 millón de euros a esta área. O rexedor lamentou que o presuposto do Estado, rexeitado polo PP, contemplaba un incremento do orzamento dedicado á violencia de xénero que lle permitiría a Vigo recibir 150.000 euros.