Anunciouno este martes Abel Caballero, quen destacou que este trámite é “imprescindible” para que se poida erixir a nova terminal de autobuses e os accesos á “gran estación” de tren de Vigo, deseñada polo arquitecto estadounidense Thom Mayne.
“Estamos xa no proceso irreversible das expropiacións e da construción da estación de tren de Vigo”, constatou o alcalde, quen avanzou a visita a Vigo de Mayne o próximo mes de febreiro.
O arquitecto chegará á cidade olívica para supervisar as obras da estación e polo deseño do ascensor que promove o Concello entre García Barbón e a Vía Norte, a través da praza pública que coroará a estación.