O Concello executou este luns a demolición dun edificio en ruínas situado entre a rúa Santiago e a Praza do Rei, unha parcela que foi adquirida polo Concello por 90.000 euros. Deste xeito, o goberno local segue a traballar na recuperación do entorno da Panificadora e, tal e como resaltou, nos orzamentos de 2017 hai consignados 2,5 millóns para a adquisición de solo neste ámbito.
Caballero lembrou que o día 20 de xaneiro remata o prazo para presentarase ao concurso de ideas convocado para a ordenación urbanística e posta en valor da parcela da Panificadora así como para a comunicación entre este ámbito e a Praza do Rei.