A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo rexeitou conceder licencia á solicitude presentada por Ian Andrey Sandford en representación da sociedad mercantil INTU Eurofund Vigo S.L. na que solicitaba desnevolver o ámbito de «Liñeiriños”, na parroquia de Cabral.
Así o explica un comunicado feito público este domingo no que a concelleira de Urbanismo, María José Caride, apunta que o Concello de Vigo está traballando na revisión do vixente PXOU de 1993. «Revisión ou Novo PXOM que ordenará e programará as actuacións que a cidade precisa para garantir unha axeitada calidade de vida dos vigueses e viguesas», explica.
Tamén engade Caride que «sorprende que a empresa promotora Intu presente unha proposta de plan parcial para o ámbito Liñeiriños cunha división en varios polígonos e se autodesigne sen concurso público adxudicatario do solo, hoxe rústico forestal da comunidade de montes de Cabral».
Intu plantea o desenvolvemente do ámbito de Liñeiriños en uns 400.000 metros a través dun acordo coa comunidade de montes. Porto Cabral suporía un investimento de uns 800 millóns de euros e crear 4.000 empleos nun area comercial e de ocio para a eurorrexión. O centro de Intu en Zaragoza move 20 millones de visitantes ao ano.