A creación desta alta distinción foi proposta este mércores á Corporación polo grupo de goberno e foi aprobada cos seus votos, a abstención do PP e a negativa da Marea de Vigo.
Trinta anos despois da creación dos Vigueses Distinguidos, o Concello de Vigo promove un novo galardón para recoñecer a cidadáns, institucións e entidades que teñan sobresaído o dun modo especial e excepcional, contribuindo de forma determinante ao prestixio da cidade. A Distinción Honorífica terá carácter puntual e será o máximo honor que conceda o Concello.
Os galardóns serán outorgados segundo o Regulamento de Honras e Distincións do Concello de Vigo.