O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns da licenza concedida para as obras de derrubamento de distintos espazos do antigo Hospital Xeral, como parte do proxecto de rehabilitación da edificación como Cidade da Xustiza de Vigo.
Segundo recordou Caballero, o orzamento presentado pola Xunta para as obras permitidas ascende a 2,23 millóns de euros e contempla actuacións tanto no edificio principal como nos anexos e na cafetería. O goberno vigués autoriza a retirada da fachada ventilada de cobre da torre, o baleirado interior das plantas baixas do anexo 1, a derruba parcial do anexo 2 e da súa conexión co edificio principal e o baleirado interior da planta baixa da cafetería.
«Con esta licenza», concluíu o alcalde de Vigo, «iníciase a obra da nova Cidade da Xustiza de Vigo».