Ademais, o goberno local ten en proxecto as cubertas dos patios do Pintor Laxeiro e Balaídos, actuacións que contan no orzamento municipal de 2018 cunha partida de 450.000 euros. “Estas cantidades, superiores ao millón de euros, dan proba do esforzo de atención do Concello nun tema tan sensible”, valorou o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font.
“Os centros de educación desta cidade reiteradamente se veñen queixando da desatención da Xunta de Galicia, dado que é competencia exclusiva autonómica”, anotou Font, “sobre a necesidade de cubrir os patios dos colexios, cuestión que non se está a atender”.
O edil recordou que oito colexios da cidade están a demandar tamén a cobertura dos seus patios, a saber, o Carlos Casares, o Javier Sensat, o CEIP Doblada, o Fontescura, o Valle Inclán, o Josefa Alonso, o Otero Pedraio e o Frián-Teis.
Polo tanto, instou á Xunta de Galicia a que “como mínimo” acometa a cubrición dos mesmos patios de colexio que fai o Concello de Vigo.