• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 12 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    O Centro de Linguas da Universidade de Vigo lanza un catálogo de cursos de cinco idiomas

    Inclúe alemán, inglés, italiano, portugués e español como lingua estranxeira. O prazo de matrícula está aberto ata o 25 de setembro
    Redacción por Redacción
    12 de Sep, 2022
    en Local
    0
    O Centro de Linguas continuará coa formación en idiomas de xeito virtual durante o verán

    Unha clase do Centro de Linguas. / Foto: DUVI

    O Centro de Linguas da Universidade de Vigo ofertará no primeiro cuadrimestre do curso 2022-2023 cursos de cinco idiomas (alemán, inglés, italiano, portugués e española como lingua estranxeira) e de diversos niveis. A docencia, como vén sendo habitual dende a pandemia da covid-19 será esencialmente virtual ou semipresencial, tratando así de facilitar que o alumnado poida compaxinar os horarios e compatibilizar as clases con outras actividades.

    A inscrición está aberta ata o 25 de setembro para persoas maiores de 16 anos que queiran aprender, mellorar ou acreditar o seu nivel de dominio da lingua, tanto se forman parte da comunidade universitaria da Universidade de Vigo como se son persoas alleas á institución.

    As principais novidades desta convocatoria son cursos específicos de alemán e inglés. No que respecta ao alemán, ofértase o curso ‘Aprende alemán viaxando’, pensado para aquelas persoas que queiran participar nun programa de mobilidade cunha universidade alemá, que vaian asistir a un congreso ou mesmo que vaian facer turismo e precisen coñecer conceptos básicos para desenvolverse durante a súa estadía.

    No que se refire ás novidades de inglés, ofértase un curso de conversa de nivel intermedio para alumnado que xa acreditou un nivel intermedio de inglés e quere mellorar a súa expresión oral antes de avanzar. Tamén se lanza o curso ‘Hold on to your English’, para o alumnado que xa acadou un alto nivel de inglés e está interesado en manter o seu nivel cunha sesión semanal de conversa nun entorno distendido e, finalmente, un obradoiro de pronuncia para solucionar dúbidas ou eivas na pronuncia do inglés. Estas tres opcións desenvolveranse en modalidade presencial no campus de Vigo.

    Oferta completa

    Así, para este primeiro cuadrimestre o Centro de Linguas oferta diferentes niveis e modalidades en cinco idiomas. As persoas interesadas en formarse en alemán poderán elixir entre un curso semipresencial de nivel A1.1 e outro virtual de A2.1, ademais da nova aposta para aprender alemán viaxando.

    En lingua inglesa, impartiranse cursos semipresenciais dos niveis B1.1, B2.1 e C1.1 e en modalidade virtual de A2.1, B1.1, B2.1, C1.1 e C2.1. A estes súmanse as tres novidades de conversa de nivel intermedio, o curso ‘Hold on to your English’ e o obradoiro de pronuncia. Todos estes cursos terán continuación no segundo cuadrimestre, cando se realizan os exames de acreditación de nivel incluídos no curso.

    No caso da lingua italiana, ofértase un curso virtual de nivel A1 e para o portugués, un curso virtual de iniciación de nivel A2. Finalmente, a oferta do CdL complétase co Español Lingua Estranxeira, ELE, do que se ofertan cursos presenciais dos niveis  A1, A2, B1 e B2 e virtuais de B1 e B2.

    Estes cursos están destinados ao alumnado internacional que chega á Universidade de Vigo para estudar materias en castelán pero precisa mellorar o seu nivel para empregar a lingua na redacción de traballos escritos, en presentacións orais de carácter académico etc. e tamén ao alumnado que vén estudar materias en inglés ou materias English-friendly pero ao mesmo tempo precisa adquirir nocións de castelán.

    Exames

    Ademais dos cursos formativos nos diferentes idiomas, o Centro de Linguas ofrece tamén á comunidade universitaria e ao público en xeral a posibilidade de acreditar os seus coñecementos de idiomas a través de diversas convocatorias de exames oficiais.

    Así, por unha banda, realízanse dúas convocatorias anuais do exames CertAcles, que comprende unha acreditación con validez en todo o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Durante o primeiro cuadrimestre, a convocatoria terá lugar o 27 de outubro (B1) e o 28 de outubro (B2).

    Outras das convocatorias son os exames propios do Centro de Linguas, unha acreditación expedida pola Universidade de Vigo tras superar os exames dos cursos de alemán, ELE, italiano ou portugués en decembro ou en maio.

    A través do CdL tamén se pode realizar os exames de TOEFL, unha acreditación con validez nos Estados Unidos e na maioría das institucións educativas do mundo. Na Universidade de Vigo, o Centro de Linguas administra unha media de cinco convocatorias anuais, que durante este curso que comeza terán lugar o 17 de setembro, 10 de decembro, 14 de xaneiro, 11 de febreiro e 6 de xuño.

    Finalmente, tamén se ofrece a posibilidade de obter o Diploma de Español Lingua Estranxeira (DELE), unha proba do Instituto Cervantes para todas aquelas persoas non castelán-falantes que precisen acreditar o seu nivel de castelán. Ao longo do curso académico, adminístranse na Universidade de Vigo catro convocatorias, estando xa concretadas as dúas primeiras datas: 9 de setembro e 19 de novembro.

    Formación do profesorado

    O Centro de Linguas da Universidade de Vigo imparte tamén un curso de formación de profesorado recoñecido polo Instituto Cervantes Iniciación á ensinanza de ELE, dirixido a persoas que queiran comezar a súa vida profesional ensinando a súa lingua noutros países ao mesmo tempo que aprenden outras linguas ou amplían os seus estudos.

    43

    Tags: Centro de LinguasUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas
    Local

    El Foro Tecnolóxico celebra 26 años conectando aulas y empresas

    10 de Feb, 2026
    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España
    Local

    Los estudiantes de la UVigo disponen de 1.700 plazas de intercambio con 59 centros de España

    10 de Feb, 2026
    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    El reventón de un colector de pluviales, causa del socavón en la Avenida de Madrid

    Las calles de Vigo se hunden por falta de mantenimiento y reclaman a Caballero que actúe

    por Redacción
    09 de Feb, 2026
    0

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta
    Más Vigo

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta

    En esta época invernal del 2026, con intensos fríos e inacabables borrascas, a muchas personas les viene el recuerdo de...

    por Julio Alonso
    11 de Feb, 2026

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR